Ra é un volcán ou patera que está situado na superficie da lúa de Xúpiter, Ío. Trátase dun volcán activo.

Características Foi estudado por vez primeira no ano 1979, grazas ás imaxes tomadas pola sonda Voyager 1, a cales definiron a súa xeoloxía, topografía e concretaron o lugar da fonte das erupcións. No momento do seu descubrimento, a súa montaña tiña ó redor dun quilómetro de altitude e posuía numerosos regueiros de lava, pola forma destes regueiros, estes deben estar formados por lavas de baixa viscosidade ou a través de erupcións de grandes masas de lava.

Posiblemente sexa un volcán que emite gran cantidade de xofre líquido. Recibiu o seu nome oficial no ano 1979, o seu nome procede da mitoloxía exipcia, onde Ra era o deus Sol.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Patera Ío Vulcanismo en Ío

Categoría:Ío Categoría:Paterae