O Erizana Club de Fútbol é un club de fútbol galego do concello de Baiona. Xoga de local no campo de Val de Martín e compite no Grupo 5 da Primeira Autonómica de Galicia.
Historia O Erizana comezou a súa andaina en 1950 da man dos seus fundadores, o padre Fernando Muñoz Arosa e Victorino Goce Carballo. O club federouse en 1951 co nome de CF Xuvenil Erizana, e comezou a competir no campionato de zonas, onde acadou varios campionatos e copas. Os seus primeiros partidos xogounos no campo da Palma, mais trala construción do Parador de Turismo Conde de Gondomar o club viuse obrigado a disolverse en 1965.
En 1977, coa construción do campo de Santa Marta, na praia da Ladeira, o club volveu á competición co nome de Trueno de Baiona, baixo a presidencia de José María Besada. Ao ano seguinte o equipo retomou o nome de Erizana CF. No ano 1981 debuta na Rexional Preferente onde se mantivo tres tempadas, acadando o 4º posto como mellor posición. Na tempada 1990-91, xogou unha promoción contra o Rápido Bahía que perdeu, ficando ás portas do ascenso a Preferente.
No ano 1994 inaugurouse o estadio Val de Martín (Baredo), cun partido fronte á SD Compostela, e no 2005 inaugurouse o campo de Aral-Fontiñas.
No 2013 o equipo xogou a Final da Copa Deputación contra o CD Lalín, no campo de Pasarón, que perdeu nos penaltis. Na tempada 2014-15 volveu xogar na Preferente, aínda que descendeu esa tempada polos arrastres dos equipos descendidos de Terceira División. Na tempada 2015-16 acadou o ascenso a Preferente.
Historial +TempadaDivisiónPostoCopa1951/52Liga Comarcal (Baixo Miño - Val Miñor)1ºFinalista1952/53Liga de Zonas (Baixo Miño - Val Miñor)1º1953/54Liga de Zonas (Baixo Miño - Val Miñor)1º1954/55Liga de Zonas (Baixo Miño - Val Miñor)2ºSemifinais1955/56Liga de Zonas (Vigo)5º1956/57Liga de Zonas (Val Miñor)3ºCampión1958/59Liga de Zonas (Vigo)8º1962/63Liga de Zonas (Baixo Miño - Val Miñor)7ºCampión1963/64Liga Comarcal3ºFinalista1964/65Liga Comarcal1ºSemifinal1978/79Segunda Comarcal1º 10pxCuartos de final1979/80Primeira Comarcal1º 10pxCuartos de final1980/81Primeira Rexional3º 10px1981/82Rexional Preferente4º1982/83Rexional Preferente6ºTempadaDivisiónPostoCopa1983/84Rexional Preferente20º 10px1984/85Primeira Rexional18ºCuartos de final1985/86Primeira Rexional7º1986/87Primeira Rexional20º 10px1987/88Segunda Rexional20º 10px1988/89Terceira Rexional1º 10px1989/90Segunda Rexional2º 10pxCampión1990/91Primeira Rexional4º1991/92Primeira Rexional6º1992/93Primeira Rexional17º 10px1993/94Segunda Rexional13º1994/95Segunda Rexional12º1995/96Segunda Rexional1º 10pxSemifinal1996/97Primeira Rexional17º 1x1px1997/98Segunda Rexional6º1998/99Segunda Rexional4º1999/00Segunda Rexional13º 10pxTempadaDivisiónPostoCopa2000/01Terceira Rexional1º 10pxCampión2001/02Segunda Rexional5º2002/03Segunda Rexional20º 10px2003/04Terceira Rexional3ºCampión2004/05Terceira Rexional3ºSemifinal2005/06Terceira Rexional7º2006/07Terceira Rexional1º 10pxCampión2007/08Segunda Autonómica6º2008/09Segunda Autonómica8º2009/10Segunda Autonómica12º2010/11Segunda Autonómica10º2011/12Segunda Autonómica1º 10px2012/13Primeira Autonómica11ºFinalista(Copa Deputación)2013/14Primeira Autonómica3º 10px2014/15Preferente Autonómica16º 10px2015/16Primeira Galicia1º 10px2016/17Preferente Autonómica15º2017/18Preferente Autonómica2018/19Primeira Galicia14º2019/20Segunda Galicia13º2020/21Anulada Covid-192021/22Segunda Galicia -Vigo4º2022/23Segunda Galicia-Vigo7º
Títulos Primeira Autonómica: 1 Liga (2015-16). Segunda Autonómica: 2 ligas (1995-96 e 2011-12) e 1 Copa (1990). Tercéira Autonómica: 3 ligas (1988-89, 2000-01, 2006-07) e 2 Copas (2001 e 2007). 2 ligas Comarcáis (1951-52 e 1964-65). 1 liga de Priméira Comarcal (1979-80). 1 liga de Segunda Comarcal (1978-79). 2 ligas de Zonas (1953 e 1954). 1 Copa de Zonas (1963). 1 Copa de Campións (1957).
Presidentes Fernando Muñoz Arosa: 1950-51 Victorino Goce Carballo: 1951-53 Urbano Montaña Pérez 1953-55 José Almuíña Fernández: 1955-56 Victorino Goce Carballo: 1957-65 José María Besada García: 1977-81 José Manuel Pérez Misa: 1981-83 José María Besada García: 1983-84 José Goce Duran (Tito Navieras): 1984-87Álvaro Pereira Cerqueira: 1987-88 Victorino Goce Carballo: 1988-92 Julio Martínez Souto: 1992-95 Juan Manuel Símons González: 1995- 00 Guillermo Balboa Fernández: 2000-04 Juan Manuel Símons González: 2004-07 J. Luis Maciel Vidal: 2007-08 Miguel Cedeira Martínez: 2008-14 Manuel Ramón Goce Ratel (Naveira): 2014 -
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do club
Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra Categoría:Deporte en Baiona Categoría:Fútbol de Galicia sen imaxes