A Casa dos Mosaicos é unha antiga domus romana e actual museo situado no centro da cidade de Lugo, en Galicia, onde se poden visitar restos da antiga casa, como os mosaicos ou pinturas murais.

Descrición A Casa dos Mosaicos está situada na rúa Doutor Castro, coñecida popularmente como rúa das Docerías, pegada á Praza Maior. A casa na que se atoparon os mosaicos, e onde están expostos, foi unha casa grande que, segundo os restos achados, foi construída entre os séculos I e II. Dentro da casa pódense atopar antigos mosaicos decorativos, pinturas murais decorativas, bases de columnas e os restos do hypocaustum o cal aseguraba a calefacción da casa. Dentro realízase ademais unha montaxe audiovisual que reproduce o que foi a vida nesa casa. Véxase tamén Outros artigos Arquitectura romana en Galicia Lucus Augusti

Ligazóns externas Casa dos Mosaicos na páxina do concello de Lugo Casa dos Mosaicos na páxina de Turismo de Galicia

Categoría:Museos de Lugo Categoría:Monumentos de Lugo Categoría:Arquitectura da Roma antiga en Galicia Categoría:Lugo sen imaxes Categoría:Mosaicos romanos