Galicia no cine foi un programa semanal da Televisión de Galicia emitido en 1986 dedicado ao cine feito en Galicia ou de temática galega, dirixido e presentado por Miguel Anxo Fernández Fernández.
Contido Cada programa xiraba arredor dunha película, en primeiro lugar emitíase unha entrevista a un personaxe relacionado co filme e logo procedíase á súa emisión. Entre as fitas que pasaron polo programa están Botón de áncora, que foi a primeira en ser emitida, A casa da Troia, Sabela de Cambados, A esmorga, Os gozos e as sombras, Intriga ou A casa da choiva.
Notas
Categoría:Programas da TVG