miniatura|dereita|240px|Auditorio de Tenerife, símbolo da cidade de Santa Cruz de Tenerife. Santa Cruz de Tenerife é unha cidade e concello español, capital das Illas Canarias (xunto coas Palmas de Gran Canaria), da provincia de Santa Cruz de Tenerife e da illa de Tenerife.
Historia Entre 1833 e 1927 Santa Cruz de Tenerife foi a única capital de iure das Canarias (así sendo a única cidade canaria que mantivo o título oficialmente) ata máis tarde, en 1927, un decreto que establece a compartición de capital o arquipélago de Las Palmas de Gran Canaria, que é como segue ata hoxe. Desde entón, a capital do arquipélago das Canarias é compartida por dúas cidades. É a sede do parlamento das Illas Canarias, o Tribunal de Contas das Canarias e da presidencia do Goberno das Canarias, esta alternancia de períodos lexislativos.
Xeografía Atópase no nordés da illa, e limita ao norte e leste co océano Atlántico, ao sur con El Rosario e ao oeste con San Cristóbal de la Laguna. A cidade está situada entre a baía que leva o seu nome e o macizo de Anaga.
O concello abrangue unha área de 150,56 km² e unha poboación de 221.956 habitantes (INE xaneiro de 2008). A altitude da cidade vella é de 4 metros sobre o nivel do mar. Ten 58 km de litoral, dividido polo Barranco de Santos. Situada nunha ladeira escarpada, forma unha área metropolitana coa cidade de San Cristóbal de La Laguna, cunha poboación de máis de 370.331 habitantes.
Clima O clima é árido, con escasas precipitacións (pouco máis de 200 mm). Ten temperaturas mornas, cunha media de 21 °C, grazas ao efecto suavizador dos ventos alisios.
Entroido miniatura|240px|Entroido de Santa Cruz de Tenerife O Entroido de Santa Cruz de Tenerife é considerado o segundo máis popular e coñecido internacionalmente despois dos do Río de Xaneiro (Brasil). De feito, ambas cidades están irmandadas por esa razón.
Lugares de interese
O Auditorio de Tenerife é unha construción civil para eventos culturais, situada na Avenida da Constitución. Foi deseñado polo arquitecto Santiago Calatrava Valls, é o símbolo da cidade. O Museo de la Naturaleza y el Hombre conserva importantes vestixios da época guanche. O Paseo de la Rambla, avenida que se estende ao longo da cidade. O Tenerife Espacio de las Artes (TEA). O Parque García Sanabria, o maior parque urbano do arquipélago.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Illas Canarias Carnaval de Santa Cruz de Tenerife Auditorio de Tenerife
Ligazóns externas Mancomunidade do norte de Tenerife
Categoría:Santa Cruz de Tenerife