O Estadio Santo Domingo é un estadio de fútbol da cidade de Alcorcón, no que disputa os seus partidos como local a Agrupación Deportiva Alcorcón que actualmente milita na Segunda División.

O seu terreo de xogo é de herba natural, o estadio dispón de chanzos con capacidade para 5.000 espectadores (todos sentados). O estadio foi inaugurado no 1999 coa visita do Real Madrid, o resultado dese partido foi 0-0.

Alcorconazo O 27 de outubro de 2009 disputouse no Estadio Santo Domingo o partido de ida dos dezaseisavos da Copa do Rei entre o Alcorcón de Segunda División B e o Real Madrid. Debido ao sorprendente resultado de 4 a 0 a favor do Alcorcón, este partido recibiu o apelativo de Alcorconazo. O partido de volta, no Estadio Santiago Bernabéu, saldouse coa vitoria do Real Madrid por 1 a 0, o que non impediu o pase do Alcorcón á seguinte rolda por un global de 4 a 1.

Plans de ampliación

Co ascenso da Agrupación Deportiva Alcorcón á Segunda División Española estase estudando realizar unha ampliación das bancadas para poder dar cabida a máis espectadores. Ampliarase o aforamento dos 3.000 espectadores actuais ao dobre, 6.000, podendo ser 12.000 se o club ascende a 1ª División. O proxecto terá un custo duns 6 millóns de euros.http://www.marca.com/2009/11/17/futbol/mas_futbol/1258458525.html Ampliación do estadio en marca.com

Notas

Véxase tamén Agrupación Deportiva Alcorcón

Santo Domingo Categoría:Alcorcón Categoría:AD Alcorcón