O músculo extensor radial curto do carpo ou segundo radial externo é un músculo do membro superior humano pertencente ao compartimento posterior do antebrazo. Vai dende o úmero ata o segundo e terceiro metacarpiano.
Orixe e insercións O músculo orixínase no epicóndilo lateral do úmero. Insírese na superficie dorsal da base do segundo e terceiro metacarpiano. Durante o seu percorrido adoita situarse por debaixo do extensor radial longo do carpo.
Función Estende e abduce o pulso.
Innervación Está innervado pola póla fonda do nervio radial.
Vascularización Está vascularizado pola arteria radial
Categoría:Musculatura do membro superior