Kazys Grinius, nado o 19 de decembro de 1866 en Selema e finado o 4 de xuño de 1950 en Chicago, foi o terceiro presidente de Lituania, e gobernou entre o 7 de xuño e o 17 de decembro de 1926Kazys Grinius - Encyclopaedia Britannica.

Traxectoria Cando Grinius naceu en Selema, Lituania era parte do Imperio Ruso. El estudou medicina na Universidade de Moscou e graduouse médico. Durante a súa mocidade el envolveuse en actividades políticas, e foi perseguido pola policía do czar.

O 1896 el casou con Joana Pavalkytė. Durante algúns anos eles viviron en Virbalis. Eles tiveron un fillo o 1899, Kazys, e unha filla o 1902, Gražina. Durante a primeira guerra mundial eles viviron en Kislovodsk. A súa esposa e fillos foron mortos o 1918 nun ataque do Exército Vermello. Elas están sepultadas nun cemiterio de Kislovodsk.

Cando Lituania obtivo a súa independencia o 1918, Grinius tornouse membro da Asemblea Nacional como membro do Partido Popular Campesiño. El serviu como primeiro ministro entre 1920 e 1922 e asinou un pacto coa Unión Soviética. El foi elixido presidente polo Terceiro Seimas, pero serviu por apenas 6 meses, sendo deposto polo golpe de Estado do 1926, liderado por Antanas Smetona.

Cando a Alemaña nazi invadiu Lituania, Grinius recusouse a colaborar, debido á súa oposición a calquera ocupación estranxeira. El fuxiu ao Occidente cando Lituania foi ocupada polos soviéticos o 1944, e emigrou aos Estados Unidos o 1947.

El morreu en Chicago, Illinois o 1950. Despois que Lituania recobrou a súa independencia o 1990 os seus restos mortais foron sepultados alá.

Notas

Categoría:Primeiros ministros de Lituania Categoría:Presidentes de Lituania Categoría:Nados no condado de Marijampolė Categoría:Nados en 1866 Categoría:Finados en 1950