A moeda de 2 euros, cuñada polos Estados membros da Eurozona como moeda de curso legal neses países, está formada por unha zona interior de níquel-latón e unha zona exterior de cuproníquel. Ten un diámetro de 25,75 mm, un grosor de 2,20 mm e un peso de 8,50 gramos. O seu bordo é estriado fino cunha inscrición gravada propia de cada estado.

Todas as moedas teñen un anverso específico de cada Estado e un reverso común para toda a eurozona, deseñado por Luc Luycx, gañador dun concurso convocado para ese efecto polo Consello Europeo e resolto na súa reunión de Ámsterdam do 13 de xuño de 1997. Este reverso común tivo un pequeno axuste en 2007."Types of euro coins: common sides". European Commission."Luc Luycx a dessiné l'€". En DH.be.

Os cantos + Inscricións nos cantos das moedas de 2€ Estado Inscrición no canto Descrición Alemaña Ficheiro:Edge germany s01.jpg "EINIGKEIT UND RECHT UND FREIHEIT" (Unidade e Xustiza e Liberdade), lema nacional alemán e o principio do seu himno. Austria Ficheiro:Edge austria s01.jpg "2 EURO ★★★" catro veces alternándose cara a arriba e cara a abaixo. Bélxica, Francia, Irlanda, Luxemburgo, Mónaco, España Ficheiro:Edge com2 s01.jpg "2 ★ ★" seis veces alternándose Cara a arriba e cara a abaixo. Chipre Ficheiro:Edge cyprus s01.jpg "2 EURO 2 ΕΥΡΩ" dúas veces. (2 EURO en grego e turco). Finlandia Ficheiro:Edge finland s01.jpg "SUOMI FINLAND" con tres cabezas de león (SUOMI significa Finlandia en finés, e FINLAND significa Finlandia en sueco, os dous idiomas oficiais de Finlandia). Grecia Ficheiro:Edge greece s01.jpg "ΕΛΛΗΝΙΚΗ ΔΗΜΟΚΡΑΤΙΑ ★" (ELLENIKI DEMOKRATIA: "REPÚBLICA HÉLENICA" en grego). Italia, San Mariño, Cidade do Vaticano Ficheiro:Edge com1 s01.jpg "2 ★" seis veces alternándose cara a arriba e cara a abaixo. Malta Ficheiro:Edge malta s01.jpg "2✠✠" repítese seis veces alternándose cara a arriba e cara a abaixo. Países Baixos 279px| "GOD ★ ZIJ ★ MET ★ ONS ★" (DEUS ESTE CON NOS en neerlandés). A inscrición tamén aparecía nos floríns neerlandeses. Portugal Ficheiro:Edge portugal s01.jpg O bordo mostra os sete castelos e os cinco escudos de armas, que tamén se encontran na cara específica da moeda. Eslovaquia 279px "SLOVENSKÁ REPUBLIKA" (REPÚBLICA ESLOVACA en eslovaco) con dúas estrelas e unha folla de tilia. Eslovenia Ficheiro:Edge slovenia s01.jpg "SLOVENIJA ●" (ESLOVENIA en esloveno)

Caras actuais

Nota: o deseño da moeda de Francia é tamén coñecido como l'Hexagone, debido á súa forma que lembra un hexágono.

Caras antigas

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Euro Eurozona Moedas de euro Moedas conmemorativas de 2 euros

2 euros