Sergio Piña Cousillas, coñecido como Queco Piña, nado na Coruña o 18 de xullo de 1980, é un exfutbolista galego, que xogaba de porteiro.
É fillo do histórico defensa do Deportivo, Ramón Piña.
Traxectoria Queco Piña formouse na Escola de Porteiros de La Torre, tutelada polo Orillamar, club coruñés no que xogaría nos seus inicios ata debutar co primeiro equipo da entidade na Rexional Preferente. Na tempada 1997–98 Queco ficha polas categorías inferiores do Deportivo, para incorporarse aos equipos xuvenís da entidade branquiazul.
Na tempada 2000–01 Queco Piña ficha polo Celta de Vigo B, filial olívico co que volvería lograr o ascenso á Segunda División B tras concluír a liga regular como campión do grupo I de Terceira. Na tempada 2002–03 Queco ficha polo CD Ourense, equipo galego tamén do grupo I da Segunda División B.
Queco Piña tivo un comezo moi prometedor, porque en Galicia e co Club Deportivo Lalín conseguiu o Zamora da Terceira División, aínda que e foi no Racing de Ferrol onde máis rendemento deu.
Na tempada 2004–05 ficha polo Racing de Ferrol co que xogaría durante as 4 campañas seguintes nas que disputaría un total de 7.933 minutos en 88 partidos xogados, 87 como titular, encaixando 85 goles e recibindo 8 cartóns amarelos.
No Alicante CF pasouno moi mal economicamente, onde tivo unha tempada para esquecer.
En maio de 2010 tras as baixas dos gardametas donostiarras Asier Riesgo e Claudio Bravo anunciouse que o galego asinaría coa Real Sociedad nos cinco partidos que restaban para o final da Liga Adelante, aínda que finalmente a súa fichaxe frustrouse debido a problemas á hora de tramitar a ficha."A Real Sociedade non puido tramitar a ficha de Queco Piña por problemas coa Federación"
Na tempada 2010–11 fichou pola SD Ponferradina. En febreiro de 2012 fichou polo Celta de Vigo B, até o final da tempada 2011–12."El Celta ficha a Piña para el filial y Dituro será el reserva de Sergio"
En xaneiro de 2014 firmou polo Leganés.El portero Queco Piña llega a Butarque ; deportivoleganes.com, 9 de xaneiro de 2014.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do CD Ourense Categoría:Xogadores do CD Lalín Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Alicante CF Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores do Orihuela CF Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol internacionais coa selección de fútbol de Galicia