Antón Pulido Novoa, nado en Bóveda de Amoeiro (Amoeiro) o 25 de setembro de 1944 e finado en Vigo o 11 de setembro de 2026, foi un profesor, deseñador gráfico, pintor, gravador e editor galego.
Traxectoria Fillo do mestre de Bóveda de Amoeiro, comezou a estudar no seminario de Ourense, formouse durante tres cursos en gregoriano na Universidade Pontificia de Salamanca. Xa mestre, o primeiro destino foi Santa María de Casaio, en Pena Trevinca. Logo marchou a Barcelona, onde cursou Belas Artes na especialidade de pintura e gravado na Escuela Superior de San Jordi e chegou a dirixir o colexio Juan Ramón Jiménez, sen deixar de pintar e expoñer. Volveu a Vigo e foi profesor de debuxo e artes plásticas durante moitos anos no Instituto Álvaro Cunqueiro en Vigo ata a súa xubilación.
A súa primeira exposición foi no Ateneo de Ourense, en 1971, e nos anos finais desa década editou tres carpetas de gravados, tituladas «O home», «O abrazo» e «A espera» (1978, 1979 e 1981, respectivamente).
Nos anos oitenta proseguiu a súa carreira como artista en diversas exposicións colectivas, ao tempo que se convertía en profesor de ensino secundario en Vigo nos tempos de Atlántica, cidade na que se instalou. Tamén proseguiron os seus traballos como gravador e como ilustrador de libros, en especial como portadista para a editorial Ir Indo. Foi o director e deseñador da colección de Artistas Galegos, 30 tomos de Nova Galicia Edicións.
Realizou exposicións en Barcelona, Madrid, Taipei, Beijing, Shanghai, Seul, Roma e outros lugares. Foi o creador da intervención urbana no cruzamento de Peniche, onde creou a praza das Apertas (2015-2016). En 2013 expuxo no sexto edificio do Museo de Pontevedra e en 2014 unha mostra antolóxica en A Fundación polos 50 anos da súa pintura.
Foi nomeado Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia nos primeiros oitenta, nun goberno do Partido Popular, e regresou a cargos de designación política cando se converteu no primeiro director do Centro Galego de Arte Contemporánea en 1993, posto no que foi substituído ao ano seguinte pola crítica de arte Gloria Moure.
Pertenceu a varias fundacións e asociacións culturais, entre elas a dos Premios da Crítica de Galicia que lle rendeu unha homenaxe en 2024.
Feleceu en Vigo o 11 de setembro de 2026 tras sufrir un derramo cerebral.
Galardóns Foi nomeado fillo predilecto de Amoeiro en 2008Antón Pulido recibiu en Trasalba o título de Fillo Predilecto do Concello de Amoeiro , La Voz de Galicia, 19/10/2008 e Vigués distinguido. Premio da Crítica de Galicia en Artes Plásticas e Visuais en 2014 Premio Trasalba 2015. Premio Ágora de Orcellón, 2018http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/actualidade/novas/-/nova/0068/anton-pulido-recibe-iii-premio-agora-orcellon Premio Cultura Galega das Artes Plásticas, 2021
Vida persoal É pai do músico Antón L. Pulido.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Nados en Amoeiro Categoría:Gravadores de España Categoría:Pintores do século XX Categoría:Pintores do século XXI Categoría:Nados en 1944
Categoría:Finados en 2026
Categoría:Premio Trasalba
Categoría:Presidentes do Centro Galego de Arte Contemporánea