A Unión Deportiva Logroñés é un club de fútbol español da cidade de Logroño, na Rioxa. Foi fundado o 24 de xuño de 2009, tras cambiarlle o nome ao Club Deportivo Varea, e na actualidade xoga na Segunda División.

Historia O club foi inscrito o 24 de xuño de 2009, tras cambiarlle o nome ao Club Deportivo Varea, que o 31 de maio de 2009 conseguira o ascenso a Segunda División B.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta branquivermella, pantalón negro e medias negras. Uniforme alternativo: Camiseta verde, pantalón branco e medias brancas. Terceiro uniforme: Camiseta arlequinada branca e azul, pantalón branco e medias azuis.

Estadio

300px|miniatura|Vista interior do Estadio Las Gaunas.

O Estadio Municipal Las Gaunas é o estadio de fútbol onde xoga os seus partidos a Unión Deportiva Logroñés. Está situado ao sur de Logroño xunto ao Palacio dos Deportes da Rioxa.

Foi inaugurado o 28 de febreiro de 2002 cun partido amigable entre o Club Deportivo Logroñés e o Deportivo Alavés. Ten capacidade para 16.000 espectadores e as dimensións do terreo de xogo son de 104 × 66 metros. Os asentos son de cor branca e vermella e forman a inscrición Gaunas.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 1 (incluída a 2020/21) Tempadas en 2ªB: 11 Tempadas en 3ª: 0 Mellor posto na liga: 1º (2ªB, tempada 2019/20)

Historial na liga TempadaCategoríaPosición2009/102ªB9º2010/112ªB6º2011/122ªB5º2012/132ªB14º2013/142ªB11º2014/152ªB4º2015/162ªB4º2016/172ªB6º2017/182ªB7º2018/192ªB2º2019/202ªB1º2020/212ª

Xogadores Cadro actual

Palmarés Non gañou ata o momento ningún torneo.

Filial

O UD Logroñés conta cun filial, o Unión Deportiva Logroñés B, no Grupo XV de Terceira División. Foi fundado en 2009.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Club Deportivo Logroñés Sociedad Deportiva Logroñés

Ligazóns externas Sitio web oficial Web da UD Logroñés en Futbolme.com

Logroñes UD Logroñes UD Categoría:Deporte en Logroño