Lestrobe é un lugar da parroquia de Dodro no concello coruñés de Dodro, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 641 habitantes (312 homes e 329 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 665 habitantes.

No pazo da Hermida, declarado Ben de Interese Cultural, asinouse o 26 de marzo de 1930 o pacto de Lestrobe. Outra construción civil de interese é o pazo de Lestrobe.

Festas Festa dos Aflixidos, o último domingo do mes de agosto e o luns e martes seguintes.

Galería de imaxes

Lestrobe na literatura culta ''Como chove mihudiño, Como mihudiño chove, Como chove mihudiño, Pó-la banda de Laíño, Pó-la banda de Lestrobe. — Rosalía de Castro.Rosalía de Castro (1963). Cantares gallegos 28. p. 151.1

Lugares e parroquias Lugares de Dodro

Parroquias de Dodro

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Dodro

Categoría:Lugares de Dodro Categoría:Lugares rosalianos