Gonzalo Martín March, nado en Santiago de Compostela en 1897 e finado en Ourense o 17 de setembro de 1936, foi un mestre e político galego.
Traxectoria Foi profesor da Academia preparatoria do Instituto de Pontevedra. Militou na ORGA-FRG e posteriormente en Izquierda Republicana. Foi membro do triángulo masónico Solón de Marín. Durante a Segunda República foi alcalde de Marín en 1931. En 1936 foi nomeado gobernador civil de Ourense.
Nos días da sublevación militar de xullo de 1936 conseguiu fuxir de Ourense a Pontevedra, pero foi detido e estivo preso no Instituto de Pontevedra. Ingresou na Prisión Provincial de Ourense o 9 de agosto.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 856 Xulgado en consello de guerra sumarísimo o 10 de setembro, foi acusado de traizón e condenado a morte. No proceso, Martín March declarouse autor de todo o sucedido en Ourense para evitar o movemento militar, e dixo que “si su vida es un obstáculo para la paz que se la ofrenda a España”. Foi fusilado o 17 de setembro negándose a recibir os auxilios relixiosos. Foille incoado expediente de responsabilidades políticas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía García Mañá, Luís (1986). De los corregidores a los gobernadores civiles de Ourense.
Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas de Gonzalo Martín March.
Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia da ORGA Categoría:Alcaldes de Marín Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Gobernadores civís de Ourense Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Masóns de Galicia