John Arthur Cunliffe, nado o 16 de xuño de 1933 en Colne (Lancashire) e finado o 20 de setembro de 2018, foi un autor de literatura infantil británico, creador dos personaxes do carteiro Pat e Rosie and Jim.

Traxectoria John viviu en Kendal (Cumbria) durante seis anos, e foi das vilas e aldeas da zona de onde tirou a inspiración para o seu personaxe máis famoso, o carteiro Pat, e logo do éxito da serie, que el escribiu para a BBC e que se comezou a emitir en 1981, John converteuse nuha celebridade local e mesmo chegou a ter a súa propia sala no Museum of Lakeland Life de KendalBBC Cumbria, malia iso desde que comezou a escribir en 1964 publicou máis de 200 libros para nenos . Traballou como bibliotecario durante trinta anos, incluíndo dous en Iugoslavia no Brittish Council e despois foi profesor ata 1988 cando pasou a se dedicar exclusivamente a escribir.

Notas

Categoría:Escritores de literatura infantil de Inglaterra Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2018 Categoría:Nados en Lancashire