2008 foi un ano bisesto comezado en martes no calendario gregoriano.
Foi designado: O Ano da rata, segundo o horóscopo chinés. O ano da rata chinés comezou o 7 de febreiro, até esa data seguiu o ano do porco. Ano Internacional das Linguas.Resolución adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, 61/266. Multilingüismo (A/RES/61/266). (En árabe, chinés, inglés, francés, ruso e español) Ano Internacional da Pataca, segundo a FAO. Ano Internacional do Planeta Terra, pola ONUyearofplanetearth.org. Ano Europeo do Dialogo Intercultural. Ano Internacional do Saneamento.
Efemérides 25 de marzo: 200º aniversario do nacemento de José de Espronceda. 2 de maio: celebración di bicentenario do levantamento do dous de maio. 15 de setembro: 198° aniversario do comezo da Guerra de Independencia en México. 24 de setembro: 35º Aniversario da Independencia de Guinea-Bissau.
Acontecementos Chegada prevista a Plutón da misión Pluto Express da NASA. Xogos Olímpicos de Pequín. Expo Zaragoza 2008.
Xaneiro 1 de xaneiro Eslovenia será o primeiro dos novos estados membros en presidir a Unión Europea. Introdución do Bolívar Fuerte (Bs.F.) como nova moeda de curso legal en Venezuela. A parte grecochipriota da illa de Chipre, as bases británicas de Acrotiri e Dhekelia establecidas en dita illa, e Malta, adoptan o euro como moeda oficial. Toma de posesión dos cargos electos nas eleccións rexionais de Colombia de 2007. 14 de xaneiro: toma de posesión dos diputados electos nas eleccións ao Congreso da República de Guatemala, así como do novo presidente. 23 a 27 de xaneiro: Foro Económico Mundial, en Davos. 30 de xaneiro: posible impacto de asteroide contra o planeta Marte, segundo a NASA.
Febreiro 1 de febreiro: Suecia ten previsto rematar as transmisións analóxicas de televisión. 21 de febreiro: Eclipse lunar total dende as 3:00 ata as 3:51 (en Tempo Universal). 27 de febreiro: inauguración da primeira fase do Metro de Santo Domingo, República Dominicana.
Marzo 2 de marzo: Eleccións presidenciais en Rusia. 9 a 16 de marzo: Eleccións locais en Francia. 9 de marzo: eleccións xerais en España; José Luis Rodríguez Zapatero, reelixido presidente do goberno español. 9 de marzo: eleccións autonómicas en Andalucía, España. 14 de marzo: eleccións en Irán.
Abril 8 de abril: Centenario do Club The Strongest Bolivia. 20 de abril: eleccións presidenciais en Paraguai.
Maio 2 de maio: Rematarase a construción do Svalbard globale frøkvelv, o almacén de sementes máis grande do mundo, en Noruega. 16 de maio: eleccións Presidenciais na República Dominicana.
Xuño 13 de xuño: cerimonia de apertura da Exposición Internacional de Zaragoza, baixo o lema "Agua e desenvolvemento sostíbel". 29 de xuño: a selección española de fútbol gaña a Eurocopa ó vencer 1-0 á selección alemá.
Xullo 7 ao 20 de xullo: celebrarase a Xornada Mundial da Mocidade en Sydney (Australia), coa visita do Papa Bieito XVI.
Agosto 1 de agosto: Eclipse solar total. 8 de agosto: inauguración dos Xogos Olímpicos de Pekín 2008. 16 de agosto: toma de posesión do presidente na República Dominicana.
Setembro 10 de setembro - O Gran colisor de hadróns entra en funcionamento.
Outubro
Novembro 4 de novembro: eleccións xerais nos Estados Unidos.
Decembro
Ciencia e tecnoloxía Previsto o lanzamento do primeiro reloxo atómico de referencia no espazo. Malaisia foi a sede do Congreso Mundial de Tecnoloxía 2008. Apagamento analóxico en Soria, dous anos antes que no resto de España. 7 ao 19 de xullo: 49º Olimpiada Internacional de Matemática en Granada, España.
Software 1º semestre: Lanzamento do Microsoft Windows XP Service Pack 3. 1º semestre: Lanzamento do Microsoft Windows Vista Service Pack 1 (SP3).
Mortes Xaneiro 11 de xaneiro - Pepín Bello, intelectual español. 14 de xaneiro - Lento Goffi, poeta e xornalista italiano. 12 de xaneiro - Ángel González, poeta español. 18 de xaneiro - Bobby Fischer, xadrecista estadounidense. 22 de xaneiro - Heath Ledger, actor de cine australiano.
Febreiro 16 de febreiro - Emilio Mac Gregor, director de cine e televisión galego. 18 de febreiro - Alain Robbe-Grillet, escritor e cineasta francés. 20 de febreiro - Hao Ran, escritor chinés. 23 de febreiro - Janez Drnovšek, presidente de Eslovenia. 28 de febreiro - Xosé Cora, xurista galego.
Marzo 3 de marzo - Giuseppe Di Stefano, tenor italiano. 18 de marzo - Anthony Minghella, director e guionista británico. 19 de marzo: Arthur C. Clarke, escritor e inventor británico. Hugo Claus, escritor belga. John Balan, artista galego
Abril 5 de abril - Charlton Heston, actor de cinema estadounidense. 29 de abril - Albert Hofmann, químico suízo.
Maio 3 de maio - Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo, político español. 5 de maio - Xan Bouzada, sociólogo galego. 6 de maio - Enrique Cabanela Álvarez, médico e político galego (n. 1911). 12 de maio - Robert Rauschenberg, pintor estadounidense. 14 de maio - Xosé Carlos Gómez Alfaro, escritor galego.
26 de maio - Sydney Pollack, director de cine estadounidense.
Xuño 1 de xuño - Yves Saint Laurent, deseñador de moda francés. 7 de xuño - Dino Risi, director de cine italiano (n. 23 de decembro de 1916). 9 de xuño - Algis Budrys, escritor en lingua inglesa de orixe lituana. 29 de xuño - Ramom Muntxaraz, psiquiatra e político residente en Galicia (n. 1947).
Xullo 4 de xullo - Janwillem van Wetering, escritor neerlandés (n. 1931). 15 de xullo - Virxilio Viéitez, fotógrafo galego. 17 de xullo - Leopoldo García Ortega, político español (n. 1919).
Agosto 3 de agosto - Alexander Solzhenitsin escritor, historiador e Premio Nobel de Literatura ruso. (n. 1918) 10 de agosto - Isaac Hayes, músico e compositor norteamericano (n. 1942) 18 de agosto - Elin Törnudd, bibliotecaria finesa (n. 1924). 28 de agosto - Luciana Stegagno, filóloga italiana.
Setembro 27 de setembro - Paul Newman, actor norteamericano.
Outubro 1 de outubro - José Manuel Iglesias, sindicalista galego. 11 de outubro: Ramiro Fonte, escritor galego. Jörg Haider, político austríaco. 21 de outubro - Rubén García Fernández, promotor cultural galego. 23 de outubro - Constantino García, lingüista e escritor galego. 27 de outubro - José María Cuevas, empresario español. 29 de outubro - Anxo Rei Ballesteros, escritor galego.
Novembro 4 de novembro - Juan Camilo Mouriño, político e economista mexicano de ascendencia galega. 5 de novembro - Michael Crichton, escritor, produtor e médico estadounidense. 9 de novembro - Camilo Gonsar, escritor galego. 10 de novembro - Miriam Makeba, cantante surafricana. 29 de novembro - Dionisia López Amado, nai da Praza de Maio. 30 de xullo - Béatrix Beck, escritora francesa de orixe belga (n. 1914).
Decembro 1 de decembro: Joan Baptista Humet, cantautor catalán. Mikel Laboa, cantautor vasco. 5 de decembro - Olga Viaño, xornalista galega. 24 de decembro - Harold Pinter, escritor británico, Premio Nobel de Literatura en 2005.
Premios Nobel Física - Yoichiro Nambu, Makoto Kobayashi e Toshihide Maskawa. Química - Osamu Shimomura, Martin Chalfie e Roger Y. Tsien. Medicina - Harald zur Hausen, Françoise Barré-Sinoussi e Luc Montagnier. Literatura - Jean-Marie Le Clézio. Paz - Martti Ahtisaari. Economía - Paul Krugman.
Día das letras galegas dedicado a: Xosé María Álvarez Blázquez
Véxase tamén Historia ano a ano
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Historia ano a ano
Categoría:2008