Lightning Bolt é un dúo de noise rock estadounidense procedente de Providence, Rhode Island, composto por Brian Chippendale na batería e nas voces e Brian Gibson no baixo. O grupo formouse no ano 1994 cando os seus membros, por aqueles tempos un trío, asistían á Rhode Island School of Design. A banda asinou co selo Load Records en 1997, e editou o seu álbum de estrea ese mesmo ano.
En total, Lightning Bolt leva editados sete álbums de estudio, varios sinxelos en vinilo e ten aparecido nun feixe de recompilatorios. Lightning Bolt son coñecidos polos seus directos, onde adoitan a tocar no chan en vez de nun escenario, co público ao redor deles cun son excesivamente alto e agresivo. A banda foi incluída no oitavo lugar da lista de Metacritic dos mellores artistas da década de 2000-09.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Lightning Bolt 1997 Load Records Ride the Skies 2001 Load Records Wonderful Rainbow 2003 Load Records Hypermagic Mountain 2005 Load Records Earthly Delights 2009 Load Records Fantasy Empire 2015 Thrill Jockey Sonic Citadel 2019 Thrill Jockey
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de Providence, Rhode Island Categoría:Grupos musicais formados en 1994