O Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural é un galardón concedido como parte dos Premios da Cultura Galega pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas con "traxectoria vencellada á protección, conservación e difusión da riqueza cultural galega, en calquera medio e en calquera eido de actuación."Convocatoria dos premios, publicada no Diario Oficial de Galicia, 5/10/2010.. Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas.
Os premios convocáronse por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única ediciónA Xunta crea os Premios da Cultura Galega , A Nosa Terra, 5/10/2010.. A diferenza do anterior, concedido ao Museo do Pobo Galego, este premio non ten dotación económica.
Premiados 2010 - Fundación Pedro Barrié de la Maza. 2011 - Fundación Aquae Querquennae Via Nova. 2012 - Fundación Eduardo Pondal. 2013 - Castro de Viladonga. 2014 - Grupo Marcelo MacíasPremios da Cultura Galega 2014. 2015 - Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial. 2016 - Museo de Pontevedra 2017 - Fundación Rosalía de Castro 2018 - O Sorriso de Daniel 2019 - Restauración do Pórtico da Gloria. 2020 - Fundación Penzol. 2021 - Mosteiro de San Pedro de Rocas. 2022 - Xacarandaina. 2023 - Eduardo Pardo de Guevara 2024 - Xosé Manuel González Reboredo 2025 - Antón Corral
Notas
Iniciativas