Vanesa Martínez Sotelo, nada en Cangas de Morrazo en 1981, é unha actriz e dramaturga galega.

Traxectoria É licenciada en dirección de escena pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Traballou en varias compañías teatrais como Aula de Teatro da Universidade de Santiago, na compañía francesa Amphi-Théâtre, Teatro no Aramio e en Inversa Teatro na que prepara a estrea da obra Expostas da que é coautora. No Centro Dramático Galego foi dramaturga residente coa obra Estigma e artista en residencia en 2009 co proxecto Corpo-puta-vaca-berro. É membro do consello de redacción da Revista Galega de Teatro.

Obra Teatro Campo de covardes, 2012, Difusora.

Obras colectivas Estigma, 2009, Laiovento. Con Jacobo Paz e Rubén Ruibal. Banqueiros, 2012, Laiovento.

Premios IV Premio “Diario Cultural” de Teatro Radiofónico 2010 pola obra Indoor. XIII Premi de Teatre Josep Robrenyo de Catalunya 2010 pola obra Memoria do incendio. Premio Mondoñedo 10 de teatro 2018 por Nome: Bonita.

Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Inversa Teatro

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Actores de Cangas de Morrazo Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Nados en 1981