miniatura|Ómnibus modelo Alexander Dennis Enviro400. miniatura|Primeiro autobús de gasolina do mundo, o Benz-Omnibus, 1895. O autobús (comunmente abreviado como bus) ou coche de liña é un vehículo terrestre deseñado para o transporte de persoas. A súa capacidade pode variar entre 10 e 120 pasaxeiros, e nos casos dos autobuses articulados poden pasar dos 200, e polo xeral úsanse nos servizos de transporte público urbano e interurbano, e con traxecto fixo. De non ter traxecto fixo tamén se pode denominar autocar e o de gran capacidade coñécese como ómnibus.En galego reintegracionista admítense as grafías ómnibus e ónibus.

Variantes O autobús adoita ter motor de combustión interna, pero existen outras variantes minoritarias:

Autobús eléctrico. Empregan unha fonte eléctrica principalmente baseada en baterías de diferentes tipos. Autobús guiado. O vehículo dispón dunhas pequenas rodas horizontais paralelas aos pneumáticos que se encaixan nos topes laterais e o guían. Orientación óptica. Utiliza marcas pintadas no chan e un sistema óptico (láser ou visión artificial).Cincuenta autobuses sin conductor guiados por láser unirán Valencia y Alicante con sus áreas interurbanas. www.lasprovincias.es. Autobús expreso. Consta de carrís exclusivos e un autobús articulado con portas a ambos lados e accesibles só dende as estacións.

Etimoloxía O termo autobús procede do francés autobus, e este fórmase sobre auto- e omnibus. Pola súa parte, ómnibus chegou ao galego a través da palabra francesa omnibus, procedente do latín omnibus, dativo plural de omnis, co significado de 'para todos'.

O nome omnibus aplicouse en Francia, xa no século XIX, aos vehículos de transporte colectivo porque eran medios de transporte públicos 'para todos'. Máis adiante, cando estes vehículos pasaron a ser automóbiles, popularizouse a forma autobús, literalmente 'ómnibus automóbil' ou, máis literalmente segundo a súa etimoloxía, 'vehículo que se move por si mesmo para todos'.

Existe tamén unha etimoloxía popular que sitúa a orixe da palabra en Nantes, onde os primeiros vehículos de Stanislas Baudry terían parado diante dunha tenda dun sombreireiro apelidado Omnès, cuxo rótulo dicía Omnes Omnibus; a partir diso, os cidadáns acabarían chamando omnibus ao vehículo.

Notas