Consciência Humana é un grupo de rap brasileiro, formado na cidade de São Paulo, máis especificamente en São Mateus, no ano 1990. É coñecido polas súas letras duras; os seus membros sufriron ameazas de morte por parte da policía e tiveron unha forte disputa cun antigo capitán da PM, Conte Lopes, actual deputado polo PPB.

Historia O grupo foi formado en 1990, na Zona Leste de São Paulo, polos integrantes Preto Aplick, W.G.I. e DJ Andermad (formadores do Grupo e da Posse DRR). En 1992, Andermad deixou o grupo e criou o Grupo Gang Selvagem, despois DJ Adriano foi convidado a participar en Consciência Humana. DJ Adriano ficou no grupo durante doce anos, entre 1992 e 2004, cando se foi e no seu lugar foi contratado DJ Master Jay, ex-integrante de Sistema Negro. No entanto, Master Jay quedou un ano máis e logo foi substituído polo DJ e produtor musical Luis.

En 1992, Consciência participou na colectánea Projeto Rap Brasil, cos temas "Navio Negreiro" e "Cidade Sem Lei", que comezaron a ser tocados na Rádio Metropolitana FM. O grupo publicou o seu primeiro disco en 1994, chamado Enxergue Seus Próprios Erros, onde foron presentadas cancións de éxito como "Tá na Hora" e "Sangue B". Dous anos despois, CH montou o seu propio selo discográfico, chamado D.D.R Produções, onde, coa axuda de Porte Ilegal, lanzaron o single "Lei da Periferia".

No ano seguinte, co seu propio selo, publicouse o segundo álbum do grupo, titulado Entre a Adolescência e o Crime, con temas como "Lembranças", "Amigo de Infância" e "Viagem". En 1999, foi gravado o primeiro videoclip, da peza "Entre a Adolescência e o Crime". No 2001 produciuse a unión dos grupos Consciência Humana, De Menos Crime e Unegro, que deu orixe a Homens Crânios, que lanzaron o álbum D.R.R Invandindo o Sistema.

No 2003, o grupo foi convidado polo selo Zâmbia Fonográfica para gravar o seu terceiro álbum, Agonia do Morro. Este contou coa participación de artistas como Beth Carvalho, Facção Central, De Menos Crime, Trilha Sonora do Gueto, entre outros.

Discografía Álbums Enxergue Seus Próprios Erros (1993) Entre a Adolescência e o Crime (1997) Agonia do Morro (2003)

Singles Lei da periferia (1996)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Consciência Humana no MySpace

Categoría:Grupos musicais formados en 1990 Categoría:Grupos musicais do Brasil