"Forty Six & 2" é un sinxelo da banda estadounidense de metal progresivo Tool, editada como cuarto sinxelo do seu segundo álbum Ænima en 1997. A interpretación de Justin Chancellor no tema foi nomeada a 39 mellor interpretación de baixo pola páxina nutsie.com no ano 2009.
O sinxelo promocional foi a única edición que Tool realizou a través do selo Freeworld Entertainment, unha discográfica de vida moi curta. Volcano Entertainment, a nova dona de Zoo Entertainment, o selo da banda ata 1996, disolvéraa. O ano seguinte, Volcano foi brevemente bautizada como Freeworld Entertainment ata que Zomba mercou a compañía en 1998 e volveo poñerlle o nome anterior.
A canción apareceu no trailer do filme Captain America: The First Avenger, estreada en xullo do ano 2011.
Categoría:Sinxelos de 1997 Categoría:Cancións de Tool