A Notícia de torto é un manuscrito en pergamiño medieval datado en 1215 ou 1216, considerado o segundo documento máis antigo en lingua galego-portuguesa, posterior á Notícia de Fiadores. Tal título, porén, é rexeitado por algúns autores coma Ramón Lorenzo que o considera "un híbrido latino-galego-portugués", mentres que outros nin sequera o consideran un documento.
O título é unha referencia á súa primeira liña (De noticia de torto que feceru(m) a Laure(n)cius Ferna(n)diz).
Nel, Lourenço Fernandes da Cunha fai un minucioso relatorio das malfeitorías feitas polos fillos de Gonzalo Ramires. O pergamiño, de 313 por 170 milímetros, escrito por ambas caras, foi atopado no mosteiro feminino de Vairão, e consérvase no Arquivo Nacional Torre do Tombo de Lisboa. Probabelmente este escrito sexa unha tradución doutro en lingua latina, característica empregada adoito nos documentos medievais.
Notas
Categoría:Idade Media Categoría:Manuscritos en galego-portugués