Edvard Hagerup Grieg, nado en Bergen o 15 de xuño de 1843 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1907, foi un pianista e compositor noruegués. Son especialmente destacábeis o seu Concerto para piano en A menor e a música incidental que, encargada polo escritor Henrik Ibsen, escribiu para o seu drama Peer Gynt ou as máis intimistas Pezas líricas, para piano. Ademais de Ibsen, tamén tivo contacto con outro intelectual noruegués Bjørnstjerne Bjørnson. Compositor de profundos sentimentos patrióticos, inspirouse na música folclórica norueguesa.

Véxase tamén

Ligazóns externas Biografía of Grieg

Categoría:Compositores de Noruega Categoría:Compositores de música clásica Categoría:Nados en Bergen Categoría:Nados en 1843 Categoría:Finados en 1907