Este artigo trata sobre o intervalo na música, para ver o concepto matemático vexa Intervalo (matemáticas)
En teoría musical, chámase intervalo á distancia entre dúas notas. Os intervalos defínense partindo do nome das notas e da distancia en tons ou semitóns existente. Podemos falar de intervalos:
ascendentes ou descendentes. melódicos ou harmónicos.
A maneira natural de determinar un intervalo é:
Segundo o nome das notas, comezando a contar na nota fundamental. Entre dó e mi, habería un intervalo de terceira, porque sendo do a primeira nota, mi é a terceira. Analogamente, sol sería a terceira nota ó contar a partir de mi. Pola distancia. A continuación expóñense os intervalos ascendentes: Segunda: Maior, un ton (dó-re); menor, un semitón (dó-reb); aumentada, un ton e medio (dó-re#); diminuída, mesmo son (dó#-reb). Terceira: Maior, dous tons (dó-mi); menor, un ton e medio (dó-mib); aumentada, dous tons e medio (dó-mi#); diminuída, un ton (dó#-mib). Cuarta: Xusta, dous tons e medio (dó-fa); aumentada, tres tons (dó-fa#); diminuída, dous tons (dó#-fab). Quinta: Xusta, tres tons e medio (dó-sol); aumentada, catro tons (dó-sol#); diminuída, dous tons e medio (dó#-solb). Sexta: Maior, catro tons e medio (dó-la); menor, catro tons (dó-lab); aumentada, cinco tons (dó-la#); diminuída, tres tons e medio (dó#-lab). Sétima: Xusta, cinco tons e medio (dó-si); aumentada, seis tons (dó-si#); diminuída, cinco tons (dó-sib). Oitava: Xusta, cinco tons e dous semitons (dó1-dó2); aumentada, seis tons e medio (dó1-dó2#); diminuída, cinco tons e medio (dó1#-dó2b'').
Unha táboa que resume a mencionada determinación dos intervalos pola distancia en semitóns sería a seguinte: Tipo Xusta Maior Menor Aumentada Diminuída Segunda - 2 1 3 0 Terceira - 4 3 5 1 Cuarta 5 - - 6 4 Quinta 7 - - 8 5 Sexta - 9 8 10 7 Sétima 11 - - 12 10 Oitava 12 - - 13 11
Intervalos compostos Existen unha serie de intervalos que son maiores que a oitava, aínda que en realidade gardan correspondencia cos intervalos da propia oitava:
Novena: Un intervalo de segunda, unha oitava por enriba da fundamental. Undécima: Unha cuarta por enriba da oitava. Décimo terceira: Unha sexta por enriba da oitava.
En rigor, podería falarse de intervalos compostos de décima, de décimo segunda e de décimo cuarta. Porén, os principios de harmonía da música occidental fan que se denominen igualmente terceiras, quintas e sétimas, respectivamente.
Categoría:Teoría musical