A pota, choupa ou lura pota,pota, 2ª acepción, no Dicionario da RAG é un molusco cefalópodo mariño da orde dos téutidos, suborde dos egopsinos. É a especie tipo da familia, da subfamilia e do xénero.Todarodes sagittatus (Lamarck, 1798) no WoRMS. Consultado o 5 de setembro de 2023.
O nome procede da palabra catalá pota, que quere dicir pouta.pota, 1ª acepción no DRAE.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1798 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck baixo o nome de Loligo sagittata.
Nome vulgar O seu nome vulgar en galego é, como quedou dito, pota ou lura pota.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Ommastrephes sagittatus (Lamarck, 1798) Ommastrephes todarus (Rafinesque, 1814) Sthenoteuthis todarus (Rafinesque, 1814) Loligo sagittata Lamarck, 1798 Loligo aequipoda Rüppell, 1844 Sepia minor Seba, 1758 Loligo brasiliensis Férussac, 1823 Sepia loligo Gmelin, 1789
Características miniatura|230px|esquerda|Lámina de Todarodes sagittatus Como os demais cefalópodos, as potas teñen cabeza diferenciada, simetría bilateral, manto, oito brazos con función alimenticia e dous tentáculos máis longos con función reprodutiva.
Perderon a cuncha dos seus devanceiros na súa evolución, conservando só unha pluma no interior do manto que serve para lles dar rixidez e apoio aos músculos.
Malia teren dúas aletas, estas xeralmente non son o seu medio de propulsión, senón que a conseguen exectando auga a presión a través dun sifón.
Son grandes nadadoras, e poden 'voar' en distancias curtas fora da auga.Jabr, F. (2010): Fact or Fiction: Can a Squid Fly Out of the Water? Scientific American, 2 de agosto de 2010.
A pel está cuberta de cromatóforos, o que lles permite camuflar a súa cor cos seus arredores.
Pesca e comercialización A pesca das potas é por pesca de arrastre en altura, e usando poteiras cando se fai en pesca de baixura. É unha especie con valor comercial polo seu uso gastronómico, similar ao das luras pero de menor calidade. Son obxecto de gran comercialización e consumo en forma de aneis conxelados, para o seu cociñado á romana.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cefalópodos Lura Ligazóns externas Fichas de diferenciación e recoñecemento de especies pesqueiras do mercado galego Xunta de Galicia.
CephBase: Teuthida The Cephalopod Page The Octopus News Magazine Online
Categoría:Cefalópodos Categoría:Gastronomía Categoría:Pesca