O 11 de setembro é o 254º día do ano do Calendario gregoriano e o 255º nos anos bisestos. Quedan 111 días para finalizar o ano.
Acontecementos 180px|dereita|miniatura|Ataques do 11S contra as Torres Xemelgas no ano 2001. 1297 - Batalla da ponte de Stirling na que os escoceses liderados por William Wallace e Andrew de Moray derrotaron ós ingleses. 1609 - Henry Hudson é o primeiro europeo que chega á illa de Manhattan e ao Río Hudson. 1697 - Vitoria decisiva de Austria contra o Imperio Otomán na batalla de Zenta. 1714 - A cidade de Barcelona cae en mans das tropas borbónicas logo de 14 meses de sitio durante a guerra de sucesión. 1853 - Utilízase por primeira vez o telégrafo. 1860 - En Honduras é fusilado o aventureiro estadounidense William Walker, quen se apoderara de Nicaragua. 1919 - Estados Unidos invade Honduras. 1964 - Inaugúrase a refinaría da Coruña. 1973 - Golpe militar de Augusto Pinochet en Chile. 2001 - Atentados do 11 de setembro nos Estados Unidos nos que morreron case tres mil persoas.
Nacementos miniatura|100px|D. H. Lawrence. 1524 - Pierre de Ronsard, escritor e poeta francés (m. 1585). 1815 - Marie Pape-Carpantier, pedagoga francesa (m. 1878). 1883 - Asta Nielsen, actriz danesa (m. 1972). 1885 - D. H. Lawrence, novelista e poeta británico (m. 1930). 1903 - Theodor Adorno, filósofo, musicólogo e compositor alemán (m. 1969). 1911 - Bola de Nieve, (Ignacio Jacinto Villa Fernández), cantante, compositor e pianista cubano (m. 1971). 1915 - Raúl Alberto Lastiri, presidente da Arxentina (m. 1978). 1917 - Ferdinand Marcos, militar e político filipino, presidente e despois ditador de Filipinas (m. 1989). 1917 - Carlos Puebla, cantautor cubano (m. 1989). 1935 - Gherman Titov, astronauta ruso. 1940 - Brian De Palma, director e guionista de cinema estadounidense. 1945 - Franz Beckenbauer, adestrador e futbolista internacional alemán. 1962 - Julio Salinas, futbolista internacional español. 1965 - Bashar al-Assad, presidente de Siria. 1965 - Moby, (Richard Melville Hall) cantautor, músico e fotógrafo estadounidense. 1971 - Richard Ashcroft, cantante e guitarrista británico. 1979 - Éric Abidal, futbolista internacional francés.
Mortes 100px|dereita|miniatura|Salvador Allende. 1808 - José Celestino Mutis, sacerdote, botánico e matemático español (n. 1732). 1823 - David Ricardo, economista británico (n. 1772). 1891 - Antero de Quental, escritor, poeta e político portugués (n. 1842). 1891 - Benito Losada Astray, médico, militar e escritor galego (n. 1824). 1971 - Nikita Khrushchev, máximo dirixente da Unión Soviética (n. 1894). 1973 - Salvador Allende, presidente socialista de Chile (n. 1908). 1978 - Ronnie Peterson, piloto de Fórmula 1 sueco (n. 1944). 1987 - Peter Tosh, músico e cantante de reggae xamaicano (n. 1944). 1994 - Jessica Tandy, actriz estadounidense de orixe británica (n. 1909). 2002 - Kim Hunter, actriz estadounidense (n. 1922). 2002 - Roberto Vidal Bolaño, actor e dramaturgo galego (n. 1950). 2009 - Juan Almeida Bosque, político e compositor cubano (n. 1927). 2009 - Yoshito Usui, debuxante de manga xaponés (n. 1958).
Festas e celebracións Diada de Cataluña, ou Diada do Once de Setembro, día da festa oficial de Cataluña.
Outros Santoral: San Proto e San Xacinto.
Os 366 días do ano
Notas
Categoría:Setembro