Make Believe é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, editado o 10 de maio do 2005, xusto 11 despois do lanzamento do seu primeiro traballo, Weezer. Grazas ao seu sinxelo "Beverly Hills", o álbum foi o que máis alto chegou nas listas da banda, acadando o posto 11 en Reino Unido, o 1 no Canadá e o 2 nos Estados Unidos. O sinxelo deulle tamén á banda o seu primeiro nomeamento a un premio Grammy, na categoría de mellor canción de rock. A pesar disto, Make Believe tivo opinións divididas, tanto entre o público como entre a crítica.

No mes de decembro do 2007 Make Believe levaba vendidas 1,215.000 copias só nos Estados Unidos. O álbum conta cos dous primeiros temas da banda que acadaron a cima da lista Billboard Modern Rock Tracks,"Beverly Hills" e "Perfect Situation".

Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Rivers Cuomo. "Beverly Hills" - 3:16 "Perfect Situation" - 4:15 "This Is Such a Pity" - 3:24 "Hold Me" - 4:22 "Peace" - 3:53 "We Are All on Drugs" - 3:35 "The Damage in Your Heart" - 4:02 "Pardon Me" - 4:15 "My Best Friend" - 2:47 "The Other Way" - 3:16 "Freak Me Out" - 3:26 "Haunt You Every Day" - 4:37

Cancións extra As edicións británica e xaponesa do álbum traen dous cortes adicionais, versións ao vivo de "Butterfly" e "Island In The Sun". A xaponesa ademais tamén conta cunha versión ao vivo do tema "Burndt Jamb.

Categoría:Álbums de Weezer Categoría:Álbums musicais de 2005 Categoría:Álbums producidos por Rick Rubin