O orónimo Oroso (da voz prerromana *or- ou *oro-), fai referencia a un terreo montañoso.Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 322. Ed. Xerais, Vigo 1992."Oroso", pescuda no Dicionario de dicionarios.
Como topónimo, pode referirse a:
En Galiza Oroso, concello da comarca de Santiago; Oroso, parroquia do devandito concello; A Estación de Oroso, lugar da devandita parroquia; Oroso Pequeno, lugar da devandita parroquia; Oroso, parroquia do concello da Caniza; Oroso, lugar da parroquia de Nieva, no concello de Avión; Oroso de Abaixo, lugar da parroquia da Gándara, no concello de Oroso; Coroso, lugar da parroquia de Ribeira, no concello de Ribeira; O Moroso, lugar da parroquia de Taragoña, no concello de Rianxo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Oroxo, lugar da parroquia de San Mamede de Urrós, no concello de Allariz.