miniatura|A Venus de Willendorf, do Paleolítico Superior, que se estima que foi esculpida entre o -24 000 e o -22 000. Unha deusa nai é unha deusa que serve como deidade de fertilidade xeral. Nalgunhas culturas ademais é representada como a Nai Terra, sendo a xenerosa personificación da Terra. Como tal, non tódalas deusas poden considerarse manifestacións da deusa nai.

Esta deusa é representada nas tradicións occidentais de moitas formas, desde as imaxes talladas en pedra desde Cibeles á Dione ("deusa") invocada no oráculo de Dodona, xunto con Zeus, ata finais da época clásica. Entre os himnos homéricos (séculos VII-VI a. C.) hai un dedicado á deusa nai chamado Himno a Xea, Nai de Todo. Os sumerios escribiron moitos poemas eróticos sobre a súa deusa nai Ninhursaga.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Mitoloxía Categoría:Deusas da fertilidade Categoría:Deusas da natureza