miniatura Helene Chadwick, nada en Nova York o 25 de novembro de 1897 e finada nos Ánxeles o 4 de setembro de 1940, foi unha actriz estadounidense que traballou no cine mudo e no comezo do sonoro.

Traxectoria Chadwick era filla dun home de negocios e dunha actriz de teatro. Debutou no cine aos dezanove anos en The Challenge (1916) da Astra Film distribuído por Pathe Pictures. O cumio da súa carreira foi entre 1920 e 1928. Entre os seus filmes máis salientables están The Cup of Fury (1920), Heartsease (1919), The Sin Flood (1922), The Glorious Fool (1922), Yellow Men and Gold (1922), Dust Flower (1922), Quicksands (1923), Hard Boiled de 1926 con Tom Mix e Say It with Sables dirixido por Frank Capra en 1928. Coa chegada do sonoro actuou en papeis de actriz secundaria e de extra.

Filmografía AnoTítuloPapel 1916 The Challenge Alberta Bradley 1917 Vengeance Is Mine Marion De Long 1918 The Naulahka Kate Sheriff 1919 Caleb Piper's Girl Mary Piper 1920 Godless Men Ruth Lytton 1921 From the Ground Up Philena Mortimer 1922 Brothers Under the Skin Millie Craddock 1923 Gimme Fanny Daniels 1924 The Masked Dancer Betty Powell 1925 The Golden Cocoon Molly Shannon 1926 Wise Guys Prefer Brunettes Helene 1927 Stage Kisses Fay Leslie 1928 Modern Mothers Adele Dayton 1929 Father and Son Miss White 1930 Men Are Like That Clara Fisher Hyland 1931 Hell Bound Sanford's Sister 1933 Merrily Yours Mrs. Rogers 1934 School for Girls Larson

Categoría:Actores de Nova York Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1897 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Finados en 1940