Salvador Domingo Felipe Jacinto Dalí i Domènech, nado en Figueres o 11 de maio de 1904 e finado na mesma vila o 23 de xaneiro de 1989, foi un pintor, escultor, gravador, escenógrafo e escritor catalán, un dos principais representantes do surrealismo.
Aínda que o seu principal medio de expresión foi a pintura, tamén fixo incursións no cinema, a escultura, a xoiería e o teatro, e tamén traballou como deseñador de vestiario e escenógrafo, e escribiu algúns libros, entre os que destaca Diario de un genio (1965). Dalí é coñecido polas súas impactantes e oníricas imaxes surrealistas. As súas habilidades pictóricas adóitanse atribuír á influencia e admiración pola arte renacentista. Dalí tivo a habilidade de forxar un estilo persoal e recoñecible. Unha das súas obras máis importantes é A persistencia da memoria, tamén chamada Reloxos brandos, que data do ano 1931. Tamén foi un experto debuxante.<ref>[http://www.artcyclopedia.com/feature-2005-03.html Phelan, Joseph, The Salvador Dalí Show] .</ref>Dalí, Salvador (2000). Dalí: 16 Art Stickers, Courier Dover Publications. ISBN 0-486-41074-9.
Como artista extremadamente imaxinativo, manifestou unha notable tendencia ao narcisismo e a megalomanía, cuxo obxecto era atraer a atención pública. Esta conduta irritaba a quen apreciaban a súa arte e xustificaba aos seus críticos, que rexeitaban as súas condutas excéntricas como un reclamo publicitario ocasionalmente máis rechamante que a súa produción artística. Dalí atribuía o seu «amor por todo o que é dourado e resulta excesivo, a súa paixón polo luxo e o seu amor pola moda oriental» a un autoproclamado «liñaxe arábigo»,. Gibson descubriu que «Dalí», con algunhas variantes, é un apelido extremadamente común en países árabes, como Marrocos, Tunisia, Alxeria ou Exipto. Por outra banda, os Domènech, a rama materna da familia Dalí, tiña raíces xudías. que remontaba as súas raíces aos tempos da dominación árabe da Península Ibérica.
Biografía Infancia miniatura|A familia Dalí en 1910: dende a esquerda, a súa tía María Teresa, os seus pais, a súa tía Catalina (segunda esposa do seu pai), a súa irmá Ana María e a súa avoa Ana.
Salvador Dalí naceu ás 8:45 horas do 11 de maio de 1904,Certificado de nacemento e no número 20 da rúa Monturiol, en Figueres, Xirona,Dalí, La vida secreta de Salvador Dali, 1948, Londres: Vision Press, p.33 na comarca catalá do Empordán, preto da fronteira con Francia.Dalí, The Secret Life of Salvador Dalí, 1948, London: Vision Press, p. 33. O irmán máis vello de Dalí, tamén chamado Salvador (nado o 12 de outubro de 1901 e bautizado como Salvador Galo Anselmo), morrera dun "arrefrío gastroenterítico infeccioso" uns nove meses antes (o 1 de agosto de 1903). Isto marcou moito ó artista posteriormente, e chegou a ter unha crise de personalidade ó crer que el era a copia do seu irmán morto.Llongueras (2004), p. 83. O seu pai, Salvador Dalí i Cusí, era avogado de clase media e notario, de carácter estrito suavizado pola súa muller Felipa Domènech i Ferrés, quen alentaba os intereses artísticos de Salvador.Llongueras, Lluís (2004). Dalí, Ediciones B — México. ISBN 84-666-1343-9.Rojas, Carlos. Salvador Dalí, Or the Art of Spitting on Your Mother's Portrait, Penn State Press (1993). ISBN 0-271-00842-3. Con cinco anos, os seus pais levárono á tumba do seu irmán e dixéronlle que el era a súa reencarnación, unha idea que el chegou a crer.Salvador Dalí. SINA.com. Revisado o 31 de xullo de 2006.Salvador Dalí biography on astrodatabank.com. (Revisado o 30 de setembro de 2006; en inglés). Dalí dixo do seu irmán:
Dalí tamén tivo unha irmá, Ana María, catro anos máis nova ca el.Llongueras (2004), p. 361. En 1949 ela publicou un libro sobre o seu irmán, titulado Dalí visto por su hermana. Na súa infancia, Dalí trabou amizade con futuros xogadores do F.C. Barcelona, como Emilio Sagi Liñán ou Josep Samitier. En época de vacacións, no florecente Cadaqués, o trío pasaba moito tempo xogando ó fútbol.
En 1916 descubriu a pintura contemporánea durante unha visita familiar a Cadaqués, onde coñeceu á familia de Ramón Pichot, un artista local que viaxaba regularmente a París, a capital da arte do momento. Seguindo os consellos de Pichot, o seu pai enviouno a clases de pintura co mestre Juan Núñez. Ó ano seguinte, o seu pai organizou unha exposición dos seus debuxos na casa familiar. En 1919, con catorce anos, Dalí participou nunha exposición colectiva de artistas locais no teatro municipal de Figueres e noutra en Barcelona, auspiciada pola Universidade, na que recibiu o premio Reitor da Universidade.
En 1919, cando cursaba sexto de bacharelato no instituto Ramón Muntaner, el e varios amigos editaron a revista mensual Studium, na que había ilustracións, textos poéticos e unha serie de artigos sobre pintores coma Goya, Velázquez ou Leonardo da Vinci.
En febreiro de 1921 a súa nai morreu a consecuencia dun cancro de útero, cando Dalí tiña 16 anos. Sobre a morte da súa nai diría máis tarde que foi «o golpe máis forte que recibín na miña vida. Adorábaa. Non podía resignarme á perda do ser con quen contaba para facer invisibles as inevitables manchas da miña alma...».Dalí, Secret Life, pp. 152–153. Trala súa morte, o pai de Dalí contraeu matrimonio coa irmá da súa esposa falecida. Dalí nunca aprobou este feito.
Xuventude en Madrid e París
En 1922 Dalí aloxouse na célebre Residencia de Estudiantes de Madrid para comezar os seus estudos na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Enseguida atraeu a atención polo seu carácter de excéntrico dandi. Lucía unha longa melena con patillas, gabardina, medias e polainas ó estilo dos artistas vitorianos. Porén, foron as súas pinturas, nas que Dalí probaba o cubismo, as que chamaron a atención dos seus compañeiros de residencia, entre os que se incluían futuras figuras da arte española, como Federico García Lorca, Pepín Bello ou Luis Buñuel. Daquela, é posible que Dalí non entendese completamente os principios cubistas: as súas únicas fontes eran artigos publicados na prensa e un catálogo que lle dera Pichot, posto que no Madrid daquela época non había pintores cubistas.
En 1924 un aínda descoñecido Salvador Dalí ilustrou un libro por primeira vez. Era unha publicación do poema en catalán Les Bruixes de Llers ("As meigas de Llers"), dun dos seus amigos da residencia, o poeta Carles Fages de Climent. Dalí axiña se familiarizou co dadaísmo, influencia que o marcou polo resto da súa vida. Na residencia tamén trabou unha apaixonada relación co mozo Lorca, pero Dalí rematou rexeitando os amorosos reclamos do poeta.Para máis información sobre a relación entre ambos artistas, véxase Lorca-Dalí: o amor que non puido ser e The Shameful Life of Salvador Dalí, ambos por Ian Gibson.Bosquet, Alain, Conversations with Dalí, 1969. pp. 19-20 (formato PDF) (sobre García Lorca) «S.D.: Era homosexual, iso sábeo todo o mundo, e estaba tolamente namorado de min. Intentou learse comigo un par de veces... e eu estaba extremadamente molesto, porque non era homosexual, e non estaba disposto a ceder. Ademais, iso doe. Así que iso quedou en nada. Pero sentinme terriblemente afagado polo prestixio das súas atencións. No máis profundo de min, sentía que el era un gran poeta e débolle un minúsculo anaco do cu do Divino Dalí».
Dalí foi expulsado da Academia en 1926, pouco antes dos seus exames finais, por afirmar que non había ninguén en condicións de examinalo.Salvador Dalí: Olga's Gallery . Revisado o 22 de xullo de 2006. A mestría dos seus recursos pictóricos reflectiuse no seu impecablemente realista Cesta de pan, pintada en 1926.Paintings Gallery #5 . Ese mesmo ano, visitou París por primeira vez, onde coñeceu a Pablo Picasso, a quen o mozo Dalí admiraría profundamente. Picasso xa recibira algúns comentarios eloxiosos sobre Dalí de parte de Joan Miró. Co paso do tempo e o desenvolvemento dun estilo propio, Dalí converteuse á súa vez nunha referencia e nun factor influente na pintura destes.
Algunhas das características da pintura de Dalí daquela época convertéronse en distintivas para toda a súa obra posterior. Dalí absorbía as influencias de moitos estilos artísticos, dende o academicismo clásico ás vangardas máis rompedoras.Hodge, Nicola, and Libby Anson. The A–Z of Art: The World's Greatest and Most Popular Artists and Their Works. California: Thunder Bay Press, 1996. Online citation . As súas influencias clásicas pasaban por Rafael, Agnolo Bronzino, Francisco de Zurbarán, Vermeer e, por suposto, Velázquez.Phelan, Joseph — Artcyclopedia. Alternaba técnicas tradicionais con sistemas contemporáneos, ás veces nunha mesma obra. As exposicións da súa obra realizadas en Barcelona naquela época atraeron grande atención, na que se mesturaban as loanzas e os debates suscitados por unha crítica dividida.
Dalí deixou crecer un vistoso mostacho que imitaba o do célebre pintor Diego Velázquez, e que se convertería nun dos seus distintivos persoais no resto da súa vida.
De 1929 á segunda guerra mundial miniatura|240px|As olladas alucinadas de Dalí (esquerda) e o seu camarada no surrealismo, Man Ray, en París, o 16 de xuño de 1934, segundo fotografía de Carl Van Vechten.
En 1929 Dalí colaborou co director de cine Luis Buñuel, amigo da residencia de estudantes, na elaboración da polémica curtametraxe Un chien andalou ("Un can andaluz"), na que se amosaban escenas propias do imaxinario surrealista. Dalí afirmou que desempeñara un papel esencial na rodaxe do filme, sen que este extremo se vise confirmado pola historiografía da arte contemporánea.Koller, Michael. Un Chien Andalou . Senses of cinema January 2001. Revisado o 26 de xuño de 2006, en inglés. En agosto dese mesmo ano coñeceu á súa musa e futura esposa Gala.Shelley, Landry. "Dalí Wows Crowd in Philadelphia" . Unbound (The College of New Jersey), Spring 2005. Revisado o 22 de xullo de 2006. Nada co nome de Elena Ivanovna Diakonova, era unha inmigrante rusa, once anos maior ca el, daquela casada co poeta francés Paul Éluard. Ese mesmo ano, Dalí continuou expoñendo regularmente, xa como profesional, e uniuse oficialmente ó grupo surrealista residente no barrio parisiense de Montparnasse. Durante os dous anos seguintes, o seu traballo influíu enormemente no rumbo do surrealismo, que o aclamou como creador do método paranoico-crítico, o cal, segundo se dicía, axudaba a acceder ó subconsciente, liberando enerxías artísticas creadoras.
No ámbito doméstico, a relación de Dalí co seu pai estaba próxima á ruptura. Salvador Dalí i Cusí opoñíase ó romance do artista con Gala, e condenaba a súa relación cos artistas do surrealismo por consideralos —como boa parte da opinión pública— elementos tendentes á dexeneración moral. A tensión foi en aumento ata culminar nun enfrontamento persoal por mor dunha nova sobre Dalí publicada na prensa na que se refería que un debuxo dun Sagrado Corazón de Xesucristo exposto en París polo mozo amosaba unha inscrición na que se lía: «En ocasións, cuspo no retrato da miña nai para me entreter». Ultraxado, o seu pai demandou unha satisfacción pública. Dalí negouse, quizais por temor a ser expulsado do grupo surrealista, e foi botado violentamente da súa casa o 28 de decembro de 1929. O seu pai desherdouno e prohibiulle regresar xamais a Cadaqués. Posteriormente, Dalí describiu como no curso deste episodio presentoulle ó seu pai un preservativo usado contendo o seu propio esperma, coas palabras: «Toma. Xa non che debo nada!». O verán seguinte, Dalí e Gala alugaron a pequena cabana dun pescador nunha baía preto de Portlligat. Despois mercou o terreo, e ó longo dos anos foi ampliándoa ata convertela na súa fastuosa vila xunto ó mar, hoxe reconvertida en casa-museo. Gala e Dalí casaron en 1934 nunha cerimonia civil, e o volverían facer polo rito católico en 1958.Carré d'Art, Jean-Pierre Thiollet, Anagramme, 2008, p.213