Sponde (ou en grego Σπονδή), tamén coñecida coma , é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta por un grupo de astrónomos da Universidade de Hawaii encabezado por Scott S. Sheppard no ano 2001, e recibiu a designación temporal .IAUC 7900: Satellites of Jupiter 16 de maio do 2002 (descubrimento)MPEC 2002-J54: Eleven New Satellites of Jupiter 15 de maio do 2002 (descubrimento e efemérides)
Sponde ten uns 2 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 24,253 millóns de km, tarda 771,604 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 154° con respecto á eclíptica (156° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,443. Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasifae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de km, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.
Recibiu oficialmente o seu nome en agosto do ano 2003, Sponde na mitoloxía grega era unha das Horas, a cal presidía a sétima hora (a das libacións despois do xantar).IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus 8 de agosto do 2003 (bautizando a lúa) As Horas, ademais de se-las deusas do tempo tamén o eran das estacións, así coma fillas de Zeus (Xúpiter) e Temis.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter
Categoría:Lúas de Xúpiter