Qüestió de noms (Cuestión de nomes) é un ensaio do escritor catalán Joan Fuster publicado en 1962. Trátase dun opúsculo onde se teoriza sobre o nome que debería ter a totalidade territorial da nación catalá, así como os diferentes territorios que a integran. Foi publicado en Edicions d'Aportació Catalana, unha pequena editorial fundada co apoio do mesmo Fuster, dentro da colección Entre tots ho farem. Teoría dos nomes Para Fuster, a construción nacional dos Países Cataláns xiraba en torno dunha esencia inmutable e perpetuada no tempo e no territorio dende o ano 1238: a lingua catalá. Esta, pois, convertíase no elemento vertebrador que daba catalanidade a valencianos e baleares. Ante a tentación localista, Fuster propugna o uso do termo Países Cataláns, que considera máis apto que o de Cataluña Grande ou Grande Cataluña, e o cal, polo feito de se tratar dun plural, sostiña que salvaba e acollía provisionalmente as persistencias dos particularismos tradicionais:

Esta proposta quería representar un paso provisional previo á adopción do nome Cataluña para designar a totalidade da nación catalá, cando esta tivese conseguido o autogoberno e tivese recuperado os dereitos históricos que lle pertencen. Cumpría, pois, reservar o nome para a totalidade da nación e usar a denominación Principado de Cataluña para se referir á Cataluña estrita:

Fuster, malia todo, sempre tivo presente na súa idea da construción nacional catalá que non todo o territorio dos Países Cataláns era nin fora sempre catalanofalante. O interior do País Valenciano e a comarca do Baix Segura convertíanse así nun problema grave que cumpría solucionar. A idea de nación que defendía o escritor valenciano pasaba inexorablemente polo monolingüismo e o castelanismo dalgunhas comarcas historicamente valencianas non facía outra cousa que rachar a nación homoxénea que defendía.

Véxase tamén Ligazóns externas Qüestió de noms Versión electrónica do libro en PDF .

Categoría:Cataluña Categoría:Obras literarias de 1962 Categoría:Obras literarias en catalán