miniatura|200px|Casa Sindical (actual Ministerio de Sanidade e Consumo), Madrid. miniatura|200px|Vista da Casa Sindical de Madrid. miniatura|200px|Sede do antigo periódico Arriba. Francisco de Asís Cabrero Torres-Quevedo nado o 4 de outubro de 1912 en Santander e finado o 26 de febreiro de 2005 en Madrid foi un arquitecto español.

Traxectoria Ingresou en 1932 na Academia de Belas Artes de San Fernando e dous anos despois na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Durante os seus anos de estudante, viviu en Madrid na casa do seu avó materno o inventor Leonardo Torres-Quevedo. A Guerra Civil supuxo un parón na súa formación e non obtivo o título de arquitecto ata 1942. A principios da década de 1940 comeza a traballar cos arquitectos Germán Álvarez de Sotomayor, Luis Gámir, Eduardo Olasagasti e José Antonio Coderch, viaxando a Italia, onde conoceu a Giorgio de Chirico e a Adalberto Libera, tomando contacto coa arquitectura de Giuseppe Terragni. En 1949, xunto con Rafael Aburto, ganou o primeiro premio do concurso para a Casa Sindical en Madrid, considerado o primeiro edificio moderno construído a instancias do goberno franquista trala Guerra Civil, que se converteu na súa obra máis coñecida.

Obras destacadas A Casa Sindical (actual Ministerio de Sanidade e Consumo) fronte ó Museo do Prado de Madrid (1949). A Escola Nacional de Hostalaría en Madrid, (1959). O edificio do periódico Arriba no Paseo da Castellana nº 222 de Madrid, (1962). Casa do concello de Alcorcón (1973). Ampliación do Parque Sindical.

En 1992 publicou a súa obra sobre Arquitectura titulada "Cuatro Libros de Arquitectura".

Premios 1990 Medalla de Ouro da Arquitectura.

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía, planos e fotografías dos proxectos de Francisco Cabrero en perso.wanadoo.es. Biografía e proxectos en soloarquitectura.com.

Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Nados en 1912 Categoría:Nados en Santander Categoría:Finados en 2005