Lucas Cameron "Luke" Harangody, nado o 2 de xaneiro de 1988 en Decatur, Illinois, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Mide 2,03 e xoga de ala-pivote.

Traxectoria Universidade Xogou durante catro tempadas cos Fighting Irish da Universidade de Notre Dame, nos que fixo unha media de 19,2 puntos e 9,5 rebotes por partido.Estatísticas de Harangody en TDR Tendo en conta unicamente os 65 partidos disputados ante equipos do seu mesma conferencia, a Big East, é o único xogador da historia da mesma en facer máis de 20 puntos e 10 rebotes por encontro.

Na súa primeira tempada tardou pouco en destacar, conseguindo o seu primeiro dobre-dobre ante Butler no seu segundo partido oficial, logrando 17 puntos e 10 rebotes.Butler Bulldogs vs. Notre Dame Fighting Irish - Box Score - November 13, 2006 Sería o primeiro dos sete que conseguiu ao longo da tempada, sendo titular en 16 dos 32 partidos, logrando a súa mellor actuación ante Marquette, conseguindo 22 puntos e 13 rebotes.

Na súa tempada sophomore fixo 20,4 puntos e 10,6 rebotes por partido, o que lle colocou como o máximo anotador e o segundo mellor reboteador da conferencia. Anotou 10 ou máis puntos en 32 dos 33 partidos disputados, logrando 29 dobre-dobres. A súa marca de anotación conseguiuno ante Louisville, con 40 puntos, aos que engadiu 12 rebotes e 4 asistencias. Ao termo da tempada foi elixido Xogador do Ano da Big East Conference, e incluído no segundo equipo do All-American.

Na súa terceira tempada volveu liderar a súa conferencia en anotación, con 23,2 puntos, e volveu ser segundo en rebotes, con 12,0 por partido. O seu mellor rexistro da tempada conseguiuno novamente ante Louisville, con 32 puntos, xunto co seu mellor marca reboteadora, 17 capturas. Foi novamente elixido no mellor quinteto da conferencia e no segundo quinteto do All-American. Xa na súa última tempada liderou ao seu equipo en anotación, con 21,8 puntos, e en rebotes, con 9,1. Conseguiu 20 ou máis puntos en 18 partidos. A súa actuación máis destacada foi ante Cincinnati, logrando 37 puntos e 14 rebotes.

Estatísticas Tempada Equipo Partidos Min. %TC %TL Pts. Reb. Asts. Rou. Tap. FP 2006-07 Notre Dame Fighting Irish 32 45,9 81,6 52,7 11,2 6,2 1,2 0,9 0,5 2,6 2007-08 Notre Dame Fighting Irish 33 50,0 76,3 63,0 20,4 10,6 1,7 0,8 0,9 2,6 2008-09 Notre Dame Fighting Irish 34 45,9 77,7 63,0 23,3 11,8 2,1 0,9 0,9 2,3 2009-10 Notre Dame Fighting Irish 30 48,1 78,7 67,2 21,8 9,1 1,6 0,5 0,7 2,3

Profesional Foi elixido na quincuaxésimo segunda posición do Draft da NBA de 2010 por Boston Celtics,2010 NBA Draft con quen asinou en agosto un contrato por dúas tempadas.

O 30 de xullo de 2014, anunciouse a súa fichaxe por 2 anos co Valencia Basket da Liga ACB.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Ficha en NBA.com Estatísticas en BasketballReference.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Illinois Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores do UNICS Kazan Categoría:Xogadores do Valencia BC Categoría:Xogadores do Darüşşafaka SK Categoría:Xogadores do Ratiopharm Ulm Categoría:Xogadores do Joventut Badalona