Worst Case Scenario é o álbum de estrea da banda belga de rock alternativo dEUS, editado o 16 de setembro de 1994. A súa portada está deseñada polo guitarrista Rudy Trouvé e contén o sinxelo "Suds & Soda", que se converteu nun éxito e é un dos temas favoritos dos seus seareiros.
O álbum foi lanzado inicialmente en Bélxica polo selo Band! cunha lista de temas distinta: "Right as Rain" e "Great American Nude" (ámbolos dous presentes no EP Zea) foron substituídos por "Let Go". Foi despois editado no Reino Unido e Europa pola Island Records coa listaxe que aparece debaixo.
Worst Case Scenario recibiu boas críticas internacionais e acadou o ouro en Bélxica, vendendo 30 000 copias. No mes de abril do 2008 o álbum levaba vendidas 270 000 copias en todo o mundo.Vendas dos álbums de dEUS
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de dEUS Categoría:Álbums musicais de 1994 Categoría:Álbums de estrea Categoría:Álbums de Island Records