miniatura|dereita|300px|Escola Técnica Superior de Arquitectura de Valladolid, obra de Fernández Alba. Antonio Fernández Alba, nado en Salamanca o 17 de decembro de 1927 e finado en Madrid o 7 de maio de 2024, foi un arquitecto español.

Traxectoria Antonio Fernández Alba naceu en 1927 en Salamanca e dúas décadas despois trasladouse a Madrid. Na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid obtivo o título de arquitecto en 1957 e o grao de doutor en 1963. Foi profesor da mesma escola e catedrático de Elementos de Composición dende 1970. Durante a súa etapa universitaria foi membro do Grupo El Paso. Ó longo da súa traxectoria profesional ocupou numerosos cargos como: 1984-1987 Director do Instituto de Restauracións do Patrimonio Histórico Español. 1987-1990 Presidente do Padroado do Museo de Arte Contemporánea. 1989 Ingresou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. 1996-1999 Membro do Padroado do Museo do Prado. 2004 Membro da Real Academia EspañolaAntonio Fernández Alba ingresa en la academia con un discurso sobre la ciudad en abc.es, 13 de marzo de 2006 ..

Obras destacadas 1958-1962 Convento del Rollo, Salamanca, España. 1959-1961 Colexio Nuestra Señora Santa María, Madrid. 1962-1965 Colexio Monforte en Loeches, España. 1969-1970 Colexio Maior Hernán Cortés, Salamanca. 1974-1979 Escola de Arquitectura en Valladolid. 1976-1978 Restauración do Observatorio Astronómico no Cerro de San Blas, Madrid. 1980-1981 Remodelación do Pavillón Villanueva do Real Xardín Botánico de Madrid. 1980-1986 Restauración do Hospital Xeral para transformalo en Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid. 1982-1984 Edificio de Servizos Funerarios de Madrid (Tanatorio da M-30). 1990 Campus da Universidade Jaume I en Castelló. 1992 Anfiteatro no Parque de las Naciones, Madrid. 1996-2001 Restauración do Palacio Ducal en Pastrana. 2000 Centro de Investigacións Biolóxicas do CSIC en Madrid. 2001 Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade de Castela-A Mancha en Cidade Real.

Obra escrita Diseño, entre la teoría y la praxis. La crisis de la arquitectura contemporánea en España. Crónicas del espacio perdido. Domus Aurea. Diálogos en casa de Virgilio. La ciudad herida (2001).

Premios e galardóns 1963 Premio Nacional de Arquitectura de España pola obra Convento del Rollo. Premio Nacional de Restauración concedido polo Observatorio astronómico de Madrid. 2002 Medalla de Ouro da Arquitectura. 2003 Premio Nacional de Arquitectura de EspañaConcesión do Premio Nacional de Arquitectura 2003 .. 2004 Premio nacional ARPA 2004. 2007 Doutor Honoris Causa pola Universidade Politécnica de Cartagena (España).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Antonio Fernadez Alba en santiagoamon.net . Biografía en elmundo.es, 7 de marzo de 2005 . Biografía e proxectos en soloarquitectura.com .

Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Nados en Salamanca Categoría:Nados en 1927 Categoría:Premio Nacional de Arquitectura de España Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Politécnica de Cartaxena

Categoría:Finados en 2024