Antics é o segundo álbum da banda estadounidense de post-punk revival Interpol, editado o 27 de setembro do 2004 a través do selo Matador Records. Aínda que máis maduro que o seu predecesor, Turn on the Bright Lights, repite a súa mesma fórmula con arranxos escasos dirixidos polo marcado son do baixo e unha forte batería, e con intricadas liñas de guitarra que lembran a The Chameleons. Musicalmente é máis brillante que o seu predecesor.
O álbum foi reeditado en agosto do 2005 nos Estados Unidos, cun segundo disco que contén catro remesturas, unha cara-B e os vídeos dos tres sinxelos.
O disco foi elixido pola publicación Pitchfork Media o 27 mellor álbum do ano 2004Os 50 mellores álbums de 2004 para Pitchfork Media.
Listaxe de cancións
Cancións extra da edición xaponesa "Slow Hands" (Dan the Automator remix) – 4:06 "Slow Hands" (Britt Daniel remix) – 3:46
Notas
Categoría:Álbums de Interpol Categoría:Álbums musicais de 2004 Categoría:Álbums de Matador Records