Richard Philippe Dutruel, nado en Thonon-les-Bains o 24 de decembro de 1972, é un exfutbolista francés. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección francesa.
Traxectoria Logo de iniciarse no fútbol na súa localidade natal, pasou ao Paris Saint-Germain FC. Co club parisiense proclamouse campión de Francia en categoría cadete en 1988 e xuvenil (Coupe Gambardella) en 1991. O 20 de marzo de 1992 debutou na Ligue 1, pero ante a dificultade para ser titular, en 1993 foi cedido ao SM Caen. No club normando xogou con regularidade durante dous anos, antes de regresar a París. Na tempada 1995–96, cando o PSG se proclamou campión da Recopa de Europa e da Supercopa de Francia, apenas xogou, ao ser Bernard Lama titular indiscutible.
No verán de 1996 fichou polo Celta de Vigo, converténdose axiña nun dos porteiros máis destacados da primeira división española e chegando a debutar coa selección francesa. As súas boas actuacións espertaron o interese do FC Barcelona, que buscaba un recambio para Ruud Hesp. Malia que aínda lle quedaba un ano de contrato co club celeste, en setembro de 1999 chegou a un acordo co equipo catalán para incorporarse ao Barça a seguinte tempada, evitando así o pago dos 700 millóns de pesetas da cláusula de rescisión"El Barça se asegura la opción de Dutruel para el próximo año", artigo en El Mundo, 9 de setiembre de 1999 .. Isto desagradou á afección e os dirixentes do Celta, e Dutruel foi apartado da titularidade até o final da tempada.
Cando Dutruel chegou a Barcelona, en xullo de 2000, xa cesara o principal valedor da súa fichaxe, Louis Van Gaal. Con todo, contou coa confianza de Lorenzo Serra Ferrer, que o aliñou como titular no inicio da temporada. Pero unha lesión na 13ª xornada, precisamente en Balaídos"Celta 3-Barcelona 3. La lesión de Dutruel deja al equipo en manos de Reina", artigo en El Mundo, 3 de xaneiro de 2000 ., fíxolle perder a titularidade en favor do entón rapaz da canteira Pepe Reina. Ante os malos resultados Serra Ferrer foi cesado, e a chegada de Carles Rexach permitiu a Dutruel recuperar a titularidade na recta final do campionato. Porén, o francés non chegou nunca a gañar a confianza dos técnicos barcelonistas, que de cara á seguinte tempada priorizaron a fichaxe dun gardameta. O elixido foi Roberto Bonano, e Dutruel acabou relegado a terceiro gardameta do equipo, pasando a tempada 2001/02 en branco.
Ao rematar esa campaña conseguiu a carta de liberdade, e tras rexeitar ofertas do RCD Espanyol e do Rennes, firmou por tres tempadas co Deportivo Alavés"Dutruel, nuevo jugador del Alavés" , artigo en El Mundo, 3 de xullo de 2002 ., que por entón vivía unha época de gloria. Aínda que no club vitoriano volveu xogar con regularidade, a tempada saldouse cun inesperado descenso a segunda división, e Dutruel optou por cancelar o contrato e regresar a Francia, para xogar na Ligue 1 co Racing de Estrasburgo. Non obstante, esta última etapa da súa carreira estivo marcada polas lesións nas costas. Dutruel retirouse en xullo de 2005, logo dunha tempada sen poder xogar"Portero Dutruel pone fin a su carrera", artigo en Terra, 5 de xullo de 2005 ..
Selección nacional Foi internacional nunha ocasión coa selección francesa trala súa fichaxe polo FC Barcelona. O seu único partido foi un amigable ante o Camerún, o 4 de outubro de 2000.
Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoCopa de FranciaParis Saint GermainFrancia1993Supercopa de FranciaParis Saint GermainFrancia1995Copa da LigaRC StrasbourgFrancia2005
Copas internacionais TítuloClubPaísAnoRecopa de EuropaParis Saint GermainFrancia1996
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Entrevista en El Mundo, 14 de outubro de 2000 .
Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Paris Saint-Germain FC Categoría:Xogadores do SM Caen Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Xogadores do RC Strasbourg Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Thonon-les-Bains