Earth: Final Conflict é unha serie de televisión de ficción científica canadense baseada en historias e ideas creadas por Gene Roddenberry e producida pola súa viúva Majel Barrett-Roddenberry. Emitiuse durante cinco tempadas entre 1997 e 2002.
Sinopse A comezos do século XXI, unha raza de extraterrestres, os taelons chegan á Terra, a cambio de poder permanecer como refuxiados no planeta, os taelons ofrecen á humanidade acceso á súa avanzada tecnoloxía, como resultado, a enfermidade, guerra e contaminación son case totalmente eliminadas. Aínda así hai xente que non se fía das súas boas intencións e organizan un movemento de resistencia.
Categoría:Series de televisión de ficción científica