O Club Deportivo La Muela é un club de fútbol de España, do concello de La Muela, na provincia de Zaragoza. Fundado en 2005 e compite na Rexional Preferente de Aragón, tras descender na tempada 2010–11 por problemas económicos.

Historia O Club Deportivo La Muela refundouse en 2005. Protagonizou desde a súa volta ao fútbol aragonés tres ascensos consecutivos chegando a Terceira División, onde na súa primeira tempada acadou o cuarto posto. Na súa segunda tempada nesta tempada, a pesar de ter como obxectivo a permanencia e de sufrir graves problemas económicos, conseguiu o ascenso á Segunda División B ao quedar en segunda posición tras o CD Teruel con 90 puntos e superar tres eliminatorias que lles enfrontou ao Marino de Tenerife, o Constancia de Inca e o Cerceda galego.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta negra e amarela, pantalón amarelo e medias negras. Uniforme alternativo: Camiseta azul, pantalón branco e medias brancas.

Estadio O CD La Muela xoga no Estadio Clemente Padilla, con capacidade para 1.500 persoas.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 1 Tempadas en 3ª: 3 (Incluída a 2011/12) Mellor posto na liga: 2º (3ª tempada 2009-10) Peor posto na liga: 4º (3ª tempada 2008-09)

Xogadores Cadro 2010/11 Actualizado a 1 de setembro de 2010.

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

La Muela