It's Blitz! é o terceiro álbum da banda estadounidense de indie rock Yeah Yeah Yeahs, editado o 9 de marzo do 2009 a través do selo Interscope Records. Inicialmente a data de lanzamento era o 13 de abril, porén, despois de que o álbum se filtrase a Internet o 22 de febreiro, adiantouse cunha edición dixital o día 9 de marzo seguida pola edición física o 31 dese mesmo mes. O seu primeiro sinxelo, "Zero", apareceu o 24 de febreiro.
O álbum foi nomeado ao premio Grammy ao mellor álbum de música alternativa.
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Brian Chase, Karen Orzolek e Nick Zinner. "Zero" - 4:25 "Heads Will Roll" - 3:41 "Soft Shock" - 3:53 "Skeletons" - 5:02 "Dull Life" - 4:08 "Shame and Fortune" - 3:31 "Runaway" - 5:13 "Dragon Queen" - 4:02 "Hysteric" - 3:50 "Little Shadow" - 3:57
Categoría:Álbums de Yeah Yeah Yeahs Categoría:Álbums musicais de 2009 Categoría:Álbums producidos por David Andrew Sitek