Calírroe (ou en grego Καλλιρρόη), tamén coñecida coma , é unha lúa irregular retrógrada de Xúpiter. Foi descuberta a través do proxecto Spacewatch residente no Observatorio Kitt Peak, entre os días 6 de outubro ó 4 de novembro do ano 1999, e orixinariamente fora designada coma un asteroide, o asteroide 1999 UX18.MPS 7418 (Minor Planet Circulars Supplement); non dispoñible en liña Tim Spahr descubriu que en realidade orbitaba Xúpiter o 18 de xullo do ano 2000 e a lúa recibiu a designación provisional de .MPEC 2000-Y16: S/1975 J 1 = S/2000 J 1, S/1999 J 1 19-12-2000 (descubrimento e efemérides) O cal confirmaba a esta lúa coma a décimo sétima lúa de Xúpiter.
Calírroe ten uns 8,6 quilómetros de diámetro, e orbita Xúpiter a unha distancia media de 24,1 millóns de kms, tarda 758 días en completar unha órbita, ten unha inclinación de 141° con respecto á eclíptica (140° respecto do ecuador de Xúpiter), e posúe unha excentricidade orbital de 0,28. Calírroe ten unha magnitude aparente de 20.7, o que a fai un pouco menos brillante có planeta anano Eris que ten unha magnitude 18,7. Xúpiter é 2,5 millóns de veces máis brillante cá Calírroe.(raíz a quinta de 100)^(20,7-(-2,8))=2,51 millóns Esta lúa pertence ó grupo de satélites Pasífae, un grupo de lúas retrógradas irregulares que orbitan ó redor de Xúpiter a unha distancia media de entre 22,8 a 24,1 millóns de kms, con inclinacións de entre 144,5° e 158,3°.
Recibiu oficialmente o seu nome en outubro do ano 2002, Calírroe na mitoloxía grega era filla do deus Aqueloo, deidade do río do mesmo nome, Calírroe tamén foi unha das moitas conquistas de Zeus (Xúpiter).IAUC 7998: Satellites of Jupiter 2002 October 22 (bautizando a lúa)
Coma exercicio de navegación, a sonda New Horizons tomou imaxes da lúa o 10 de xaneiro do 2007.
Notas
Callirrhoe
Véxase tamén
Outros artigos Aneis de Xúpiter Xúpiter
Ligazóns externas
17th Moon of Jupiter Discovered Spacewatch S/1999 J 1 Spacewatch discovery picture
Categoría:Lúas de Xúpiter