San Martiño de Mondoñedo é unha parroquia do concello de Foz na comarca da Mariña Central. Ten unha superficie de 5 km², e 19 entidades de poboación. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 599 habitantes (296 homes e 303 mulleres), 63 menos ca en 2007 (326 homes e 336 mulleres) e 109 menos que en 1999.
Patrimonio miniatura|esquerda|Entrada principal da antiga Catedral
A basílica de San Martiño de Mondoñedo foi fundada polo bispo de Dume no século IX, ao se refuxiaren en Bretoña a nobreza e o clero por medo ao perigo musulmán. Destruída a capital de Bretoña polos normandos nas invasións de 966 - 971, o rei Afonso III estableceu en Mondoñedo a nova sé, da cal o primeiro bispo foi Sabarico. Mondoñedo foi capital até 1112 da terra dos bretoñeses.
Nas obras de restauración realizadas nesta basílica nos primeiros meses de 2008 puxéronse ao descuberto unhas pinturas murais, moi deterioradas, que foron catalogadas como os frescos románicos máis antigos de Galicia, datados no século XII "Uns frescos resesos", artigo en Cultura galega, 15 de febreiro de 2008.. Durante a Idade Media, estas pinturas foron cubertas por sucesivas capas de cal, práctica habitual no mantemento das igrexas da época.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de San Martiño de Mondoñedo
Parroquias de Foz
Notas
Categoría:Parroquias de Foz Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Martiño de Dumio