(82075) é un planeta menor, que conta cunha lúa. Este obxecto está categorizado coma obxecto do disco disperso, e coma posible obxecto distante.
Características físicas Asumindo o albedo xenérico para os TNOs (obxectos trans-neptunianos) que é de 0,09, o primario e de arredor de 431 km de diámetro e o secundario (a súa lúa) ten uns 237 kmd de diámetro. No 2010, 2000 YW134 foi observado polo Telescopio Espacial Herschel no infravermello profundo. Non se detectou radiación termal, o cal permitiu ós astrónomos por un límite máximo ó tamaño do obxecto (asumindo que é un ob. singular) que debería ser dun máximo de 500 km.
No espectro visible, superficie de aparece moderadamente vermella.
Clasificacións Planeta anano?
Cun diámetro estimado nuns 431 km, está no límite do tamaño mínimo dun candidato a planeta anano. Pero coma candidato a a planeta anano, a súa gran lúa podería darlle a este sistema binario unha aparencia de planeta dobre, visto dende a distancia.
Obxecto distante?
ten actualmente un perihelio (q) de 41 UA. Lykawka no 2006, viuno coma un obxecto distante (cun perihelio (q) > 40 UA), mentres co programa Deep Ecliptic Survey (a última observación foi o 10-11-2007) amósao coma un obxecto en resonancia 8:3 cun perihelio (qmin) mínimo de 38,1 UA. Emel’yanenko e Kiseleva chegaron no 2007 a conclusión de que existía un 84% de posibilidades de que este obxecto estivese nunha resonancia 8:3.
Satélite A lúa de é relativamente grande se a comparamos có seu primario, xa que a lúa só é 1,3 magnitudes máis feble có seu primario.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Candidatos a planeta anano Planeta anano
Ligazóns externas Orbital simulation from JPL (Java) / Horizons Ephemeris
Categoría:Obxectos do disco disperso e obxectos distantes Categoría:Candidatos a planeta anano