dereita|miniatura|Nicho de Herminio Barreiro Rodríguez en Sisán (Ribadumia).

Herminio Barreiro Rodríguez, nado en Dorrón (Sanxenxo)Gran Enciclopedia Galega.Dicionario biográfico de GaliciaHomenaxe de despedida a Herminio Barreiro nun acto cívico en Sisán , páxina web de Edicións Xerais, 8/11/2010.En lembranza de Herminio Barreiro , por Xosé Abilleira Sanmartín, A Nosa Terra, 8/11/2010 o 1 de outubro de 1937 e finado en Santiago de Compostela o 6 de novembro de 2010O "mestre de mestres" Herminio Barreiro morre en Santiago aos 73 anos , por A. R. López, El Correo Gallego, 7/11/2010., foi un docente e pedagogo galego.

Traxectoria Fillo de Herminio Barreiro Calvete, mestre socialista encarcerado durante a Guerra Civil española, pasou a súa infancia en Cerdedo, onde a súa nai fora destinada como mestra. Estudou bacharelato en Pontevedra e a partir de 1958 Filosofía e Letras en Madrid. Alí, xunto a outros galegos que estaban estudando na universidade, fundou o grupo Brais Pinto.

En 1965 marchou a Francia a dar clase de español, e nese país afiliouse ao Partido Comunista de España.

De volta en Galicia, traballou como profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC e publicou diversos traballos relacionados principalmente con temas históricos e educativos. Tamén dirixiu o anuario de historia da educación Sarmiento. Foi colaborador de prensa diaria e participou en diversas empresas culturais. Politicamente estivo durante boa parte da súa vida vencellado ao Partido Comunista e a Esquerda Unida, pola que se presentou como candidato a distintas eleccións municipais en SantiagoCandidaturas ás eleccións de 1999 , Vieiros.

Obra en galego Ensaio Retallos para un tempo distinto, 1992, Ediciós do Castro. No solar galego de Camoens, 2002, edición de autor. Recordar doe. Lembranzas escolares e universitarias (1940-1965), 2008, Xerais. Memoria crítica da escola desde a universidade (historia mínima dun curso especial na USC), 2011, Universidade de Santiago de Compostela.

Obras colectivas Historia da educación. Textos comentados, 1994 (con Vicente Peña Saavedra). Neste silencio: Arredor de Uxío Novoneyra, 2000, Noitarenga.

Obra en castelán Ensaio Lorenzo Luzuriaga y la renovación educativa en Galicia, 1989.

Obras colectivas La institución escolar. Una creación del Estado moderno, 2005 (con Aida Terrón Bañuelos).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas "Pensar non doe", monográfico sobre Herminio Barreiro en Galicia Hoxe, 19 de xuño de 2008.

Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Pedagogos de Galicia Categoría:Nados en Sanxenxo Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2010