miniatura|dereita|250px|Entrada ó Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira. Juan Navarro Baldeweg , nado en Santander (Cantabria) en 1939, é un arquitecto, pintor e escultor español.

Traxectoria Graduouse en 1965 pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM) da Universidade Politécnica de Madrid, onde tamén se doutorou en 1969. Entre 1959 e 1960 estudou gravado na Escola de Belas Artes de San Fernando. Compaxina a súa carreira como arquitecto co estudo e a práctica da pintura e a escultura.

Nos seus comezos profesionais traballou no estudio do arquitecto Alejandro de la Sota.

En 1974 obtivo unha bolsa da Fundación Juan March para realizar estudos de posgrao no Center For Advanced Visual Studies do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en Cambridge (Massachusetts), onde foi alumno de Gyorgy Kepes.

O seu traballo arquitectónico relaciónase co dos seus contemporáneos Álvaro Siza Vieira e Rafael Moneo.

É membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e da Academia Europea de Ciencias e Artes.

Obras destacadas Arquitectura Casa de la lluvia, Liérganes, España (1978-1982). Centro de Servizos Sociais e Biblioteca na Puerta de Toledo, Madrid, España (1985-1992). Palacio de Congresos e Exposicións de Salamanca, España (1985-1992). Recinto Feiral en Silleda, Pontevedra (1992). Museo das Covas de Altamira, Santillana del Mar (1995-2000). Centro de Investigación, Museo da Evolución Humana e Pazo de Congresos en Burgos (2000-2009).

Artes plásticas Instalación Luz y metales (1976). Serie Figuras en la copa de cristal. Serie Manos.

Premios 1998 Medalla de Ouro Heinrich Tessenow. 2007 Medalla de Ouro ó Mérito nas Belas Artes.BOE 9 xuño de 2007 2008 Medalla de Ouro da Arquitectura.Acta do Xurado Medalla de Ouro da Arquitectura 2008 2012 Premio Tomás Francisco Prieto."Juan Navarro Baldeweg gana el Tomás Francisco Prieto 2012". Museo Casa de la Moneda. 23 de novembro de 2012.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Juan Navarro Baldeweg en epdlp.com . Biografía e proxectos en soloarquitectura.com .

Categoría:Arquitectos de España do século XX Categoría:Arquitectos de España do século XXI Categoría:Nados en Santander Categoría:Nados en 1939 Categoría:Académicos da Real Academia de Belas Artes de San Fernando Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Premio Tomás Francisco Prieto