Puzzle é o cuarto álbum da banda escocesa de rock alternativo Biffy Clyro, editado o 4 de xuño do 2007 no Reino Unido polo selo 14th Floor. Trátase do seu primeiro álbum dende que deixaron Beggars Banquet (aínda que no seu libreto apareza o logo da discográfica).

O álbum acadou o posto 2 na lista británica de álbums e foi aclamado pola crítica, sendo elixido o mellor álbum do 2007 polas revistas Kerrang! e Rock Sound. En Irlanda conseguiu o posto 17. No Reino Unido foi certificado ouro e vendeu sobre 220.000 copias, chegando ás 300.000 en todo o mundo.

Listaxe de cancións Cancións e letras escritas por Simon Neil e música composta por Biffy Clyro. "Living Is a Problem Because Everything Dies" - 5:18 "Saturday Superhouse" - 3:19 "Who's Got a Match?" - 2:23 "As Dust Dances" - 4:34 "A Whole Child Ago" - 3:07 "The Conversation Is..." - 3:40 "Now I'm Everyone" - 3:50 "Semi-Mental" - 3:22 "Love Has a Diameter" - 3:53 "Get Fucked Stud" - 3:37 "Folding Stars" - 4:15 "9/15ths" - 2:46 "Machines" - 3:56

Categoría:Álbums de Biffy Clyro Categoría:Álbums musicais de 2007 Categoría:Álbums producidos por Garth Richardson Categoría:Álbums conceptuais Categoría:Álbums de Roadrunner Records