A filla do ladrón de bicicletas é unha novela de Teresa González Costa. Foi publicada por Edicións Xerais en outubro de 2010, logo de acadar o Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil dese ano"Iolanda Zúñiga faise co premio Xerais cunha historia da periferia" , artigo en Xornal de Galicia, 15 de xuño de 2010..
Trama Serafina é unha rapaza dunha vila costeira. Vive coa súa tía, dona Perfecta, coa que non se leva nada ben. Os seus amigos son Milo, un rapaz da súa idade, e Elías, un señor maior inventor e mecánico.
Serafina ten unha bicicleta, á que chama Celerífera, e o seu desexo é ser equilibrista. Malia que a súa tía fai correr unha alburgada por toda a vila dicindo que a súa sobriña é unha ladroa e facéndolle desaparecer a bicicleta, coa axuda dos seus amigos logra saír adiante e lograr o seu soño.
Notas miniatura|200px|Teresa González Costa, nunha presentación do libro
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web da editorial.
Categoría:Obras literarias de 2010 Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras gañadoras do Premio Merlín